Arturo Casas

crítico literario e profesor universitario galego

Arturo Casas Vales, nado na Coruña o 21 de febreiro de 1958, é un teórico da literatura licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa, ademais de doutor en Filoloxía Hispánica, poeta, tradutor e ensaísta galego.

Infotaula de personaArturo Casas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Doutor en filosofía (1989–) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario , crítico literario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (1998–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoIsaac Lourido e Pablo Pesado Rodríguez Editar o valor em Wikidata

AELG: 14 Dialnet: 264838

Traxectoria editar

Como investigador atendeu varios campos, entre os cales se atopan a obra de Rafael Dieste e os seus núcleos de acción cultural e política, o pensamento estético-literario contemporáneo, a teoría do poema, a intervención e o acto críticos, os estudos sistémicos, a metodoloxía da historia literaria e a poesía do século XX, con especial atención á galega nos períodos 1916-1936 e 1976 en adiante. Imparte clases de teoría da literatura e literatura comparada na USC.

Foi membro fundador e primeiro director do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes, (CIPPCE), constituído por oito grupos de investigación da USC. É membro do Comité de Coordinación da rede internacional "Poetics of Resistance". Co Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) e o Consello da Cultura Galega activou a base de datos e repositorio dixital poesiagalega.org,[1] centrado no estudo da poesía galega dos séculos XIX, XX e XXI. Coordina grupos de traballo sobre poesía non lírica en perspectiva teórico-comparada e sobre a innovación da Historia literaria galega. É membro da Sección de Crítica literaria da AELG.

Entre setembro de 2008 e setembro de 2009 mantivo aberto o blog Lándoas.[2] É un dos autores da base de datos do dicionario de termos literarios do Equipo Glifo.[3]

Obras en galego editar

Poesía editar

Ensaio, investigación e crítica literaria editar

  • Rafael Dieste, Encontros e vieiros. Once charlas sobre plástica, teatro e literatura, (1990). Ediciós do Castro. Edición e introdución.
  • Rafael Dieste, Fragua íntima. Aforismos (1926-1975), (1991), Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Edición, introdución e notas.
  • Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, (1994). Galaxia.
  • Bibliografía sistemática de teoría literaria, (2002). Universidade de Santiago de Compostela.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, (2003). Tris Tram. Editor.
  • Antoloxía poética de Uxío Novoneyra, (2010). Galaxia.
  • Alusión, 2011, Galaxia.
  • Procesos da historiografía literaria galega. Para un debate crítico (2021)

Aforismos editar

  • Futurario 2011 (Aforismos neopoéticos in modo antico) (2011, publicado en Internet).

Traducións editar

  • Vello ceo nórdico. Antoloxía da poesía estonia contemporánea. Edición trilingüe estoniano-galego-inglés. Monografías do Boletín Galego de Literatura [1], Universidade de Santiago de Compostela, (2002). Edición en colaboración con Jüri Talvet.
  • Pluriversos: Seis poetas irlandesas de hoxe. Edición bilingüe inglés-galego ou gaélico-galego ao coidado de Manuela Palacios. Follas Novas Edicións. Colaboración do Ireland Literature Exchange/Idirmhalartán Litríocht Éireann, col. Libros da Frouma, 2003. Tradución en colaboración con Manuela Palacios.

Obras colectivas editar

Obra en castelán editar

Investigación e crítica literaria editar

  • La teoría estética, teatral y literaria de Rafael Dieste, (1997). Universidade de Santiago de Compostela.
  • La descripción literaria. Traza fenomenológica y semiótico-hermenéutica, (1999). Episteme.

Notas editar

  1. poesiagalega.org
  2. "Lándoas. Marxesdetexto". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2011. Consultado o 10 de febreiro de 2011. 
  3. "base de datos do dicionario de termos literarios do Equipo Glifo". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2011. Consultado o 02 de agosto de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar