Teixeiro, Curtis, Curtis

capital do concello e lugar da parroquia de Curtis, no concello de Curtis

Teixeiro é un lugar da parroquia de Santa Eulalia de Curtis e é capital do concello de Curtis. Segundo o INE en 2023 tiña 1227 habitantes (614 homes e 613 mulleres).

Teixeiro

CEIP de Teixeiro.
ParroquiaCurtis
ConcelloCurtis
Coordenadas43°08′21″N 8°02′08″O / 43.139247222222, -8.0356166666667
Poboación1227 hab. (2023)
editar datos en Wikidata ]

Toponimia

editar

O topónimo «Teixeiro» é un fitónimo que fai referencia a un lugar ou bosque de teixos (do latín taxu), unha árbore que debeu ser en tempos antigos abondosa en Galiza. Do mesmo xeito acontecería co resto de topónimos «Teixeiro» e «Teixeira» espallados pola xeografía galega.[1][2] Alén disto, non se considera probábel que teña que ver co tobo do porco teixo, significado co cal o vocábulo «teixeiro» ―tamén «teixeira»― aparece en varios dicionarios galegos.[3][4]

Esta estendida relación do topónimo coa árbore semella que non deu convencido os estudosos da historia local, os cales teñen proposto diferentes hipóteses alternativas. Deste xeito, segundo Cabanas López o nome procedería das telleiras, dada a presenza de arxila na zona e a posibilidade desta ser traballada para o campamento romano da Ciadella, así como a referencia a dúas telleiras no Catastro de Ensenada de 1752.[5] Desde outra perspectiva, para Vázquez Rouco podería provir de testeiro, xa que Teixeiro era cabeza do couto do Rincón e testaba co couto de Santaia e coa provincia de Santiago.[6]

Por outra banda, tendo sido Teixeiro cabeza do couto do Rincón primeiro, e do barrio do Rincón despois, os seus habitantes reciben, segundo as fichas recolleitas para a redacción do Diccionario geográfico popular de España de Camilo José Cela, o xentilicio de rinconenses. Recóllese tamén nesa fonte estoutro xentilicio: Teixeirón.[7]

Características

editar

Polo lugar pasa a vía férrea, que ten parada na estación de Teixeiro, inaugurada en 1875. A comezos do século XX instalouse na zona unha fábrica de elaboración de compoñentes do arsénico, LLOFAR. Creouse un polígono industrial, sobre os antigos terreos da siderúrxica Sidegasa, que pechou en 1988. No ano 2000 inaugurouse o Centro penitenciario de Teixeiro.

Ao acoller a capitalidade municipal ten servizos públicos sanitarios, deportivos e culturais. A nivel educativo a localidade conta cunha gardería pública da rede da Xunta, A galiña azul e o CEIP de Teixeiro. Rematada dita etapa o alumnado cursa a educación secundaria no IES de Curtis.

Etnografía

editar
editar
  • Dis que viches, que viches, / para min non viches nada; / non viches pasar o tren / de Teixeiro para Aranga.[8]
  • Festas, queixos e terneiros, os da vila de Teixeiro.[9]
  • Leite, queixos e terneiros, os de Curtis e Teixeiro.[9]
  • Os de Curtis mataron un burro, / os de Teixeiro comérono crudo / e os de Fisteus mandaron recado / que lles gardaran a punta do rabo.[7]
 
Cabalos polas rúas de Teixeiro (2016).

Festas e celebracións

editar
  • Feira tradicional, os días 5 e 18 de cada mes na praza do concello.[10]
    Inaugurouse en agosto de 1915 e orixinalmente celebrábase nas inmediacións da estación o último día de cada mes.[11] Con todo, anteriormente xa se realizaba un mercado diante da estación os días 19.[12]
  • Festa da Xuventude, a segunda ou terceira fin de semana de xullo.[13]
    Celébrase desde 1944, cando a fábrica de Llofar realizou unha verbena polo seu cuarto aniversario.[14]
  • Festa do Cabalo, os primeiros domingos de agosto en Teixeiro.[13]
    Realízase desde o ano 2000 e consta de diferentes probas e exhibicións.[15]
  • Festas patronais, na honra da Nosa Sr.ª dos Remedios, os días 8 e 9 de setembro.[13]
    O 8 de setembro é festivo local no concello, agás se coincidir con fin de semana.[16]
  • Festa do Cogumelo, os últimos domingos de outubro en Teixeiro.[13]
    Tamén chamada Festa de Exaltación dos Cogomelos, lévase a cabo desde o 2000.[17]

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Curtis.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Curtis

editar

Parroquias de Curtis

editar
  1. Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 528-530. ISBN 84-95892-53-7. 
  2. Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. Terra Nomeada. Real Academia Galega. p. 87. ISBN 978-84-947823-2-9. doi:10.32766/rag.333. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2020. Consultado o 23 de maio de 2020. 
  3. Rodríguez González, Eladio (1958-1961). "teixeiro". Dicionario de dicionarios. Cueva donde suele refugiarse el porco teixo 
  4. A. Estraviz, Isaac. "teixeiro". Dicionário Estraviz. Covil do teixugo 
  5. Cabanas López 2006, p. 20.
  6. Vázquez Rouco 2002, pp. 188-189.
  7. 7,0 7,1 "Lugar de referencia: Curtis". Portal de ditados tópicos galegos. 
  8. Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 62. ISBN 978-84-9812-210-7. 
  9. 9,0 9,1 Paz Roca, M.ª Carmen (2007). "Aínda novos manuscritos paremiolóxicos de Vázquez Saco" (PDF). Cadernos de Fraseoloxía Galega (Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia) (9): 263–265. ISSN 1698-7861. 
  10. "Feiras e mercados". Concello de Curtis. 
  11. "Desde Teijeiro". El Eco de Galicia (en castelán) (A Coruña) (2956): 1. 4.9.1915. 
  12. Mariño Sanmartín 1992.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 "Festas e romarías". Concello de Curtis. 
  14. "Un festival entre os máis antigos e emblemáticos de Galicia". Teixeiro ROCK 2019. 1.3.2019. 
  15. "O Concello de Curtis celebra mañá os 20 anos da súa Festa do Cabalo coa que impulsa a pura raza galega". Concello de Curtis. 3.8.2019. 
  16. "Luz verde ao 25 de febreiro e ao 8 de setembro como festivos locais no 2020". Concello de Curtis. 
  17. "Este fin de semana celébrase en Curtis a Festa de Exaltación dos Cogomelos". Campo Galego. 25.10.2018. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2019. Consultado o 25 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar