Centro penitenciario de Teixeiro

centro penitenciario en Teixeiro, Curtis

O centro penitenciario de Teixeiro é un cárcere situado no lugar de Paradela,[1] preto da vila de Teixeiro, no concello de Curtis, provincia da Coruña. É un dos cinco centros penitenciarios que funcionan en Galicia xunto co CP da Lama, o CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso e o CP do Pereiro de Aguiar (O Pereiro de Aguiar).

Centro penitenciario de Teixeiro
Porta do centro penitenciario
Coordenadas43°09′30″N 7°59′09″O / 43.158423, -7.985876
editar datos en Wikidata ]
Localización dos centros penitenciarios de Galicia.
Vista do cárcere dende a N-634.

Entrou en servizo en 1998 e custou 7853 millóns de pesetas. Está situado nunha parcela de 343 000 m², con 86 430 m² construídos. O centro foi construído pola UTE de Ferrovial e deseñado polo arquitecto Francisco María Martín Carrero.[1]

Ten capacidade total para 1211 persoas (1008 internas, 86 no módulo de ingresos, saídas e tránsitos, 81 na enfermería e 36 no módulo de illamento), pero ten unha ocupación real duns 1782 presos e presas.[1]

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar