Centro penitenciario de Monterroso
cárcere en Monterroso
O centro penitenciario de Monterroso é unha prisión situada no concello de Monterroso, na provincia de Lugo.[1] Atópase no lugar da Vacaloura, na parroquia de San Miguel de Penas, a uns seis quilómetros do centro da vila.[2] Dende decembro de 2021, o seu director é Félix Rodríguez.[3]
É un dos cinco centros penitenciarios que funcionan en Galicia xunto co CP da Lama, o CP de Bonxe (Outeiro de Rei), o CP do Pereiro de Aguiar (O Pereiro de Aguiar) e o CP de Teixeiro (Curtis). Ten capacidade total para 350 persoas, mais ten unha ocupación real media de 460 persoas.[1]
Historia e características
editarInaugurouse en 1982. Ten unha superficie construída de 41 029 m2 e unha superficie do terreo de 120 000 m2.[2] Conta con 328 celas e 78 celas complementarias.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Centro Penitenciario de Monterroso - Lugo
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Centro Penitenciario de Lugo-Monterroso Arquivado 11 de xuño de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ "Félix Rodríguez, director de la cárcel de Monterroso: «Quiero creer que todos los presos son reinsertables»". La Voz de Galicia. 22 de abril de 2022. Consultado o 9 de xullo de 2024.