Monterroso

concello da comarca da Ulloa, na provincia de Lugo

Coordenadas: 42°47′33″N 07°50′10″O / 42.79250, -7.83611

Monterroso é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2019 tiña 3.616 habitantes (1812 homes e 1804 mulleres). O seu xentilicio é monterrosina/monterrosino.

Monterroso
Bandeira de Monterroso
Escudo de Monterroso
MonterrosoConcelloIgrexa.jpg
Casa do Concello e Igrexa parroquial.
Situacion Monterroso.PNG
Situación
Xentilicio[1]monterrosino
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Ulloa
Poboación3.585 hab. (2022)[2][3]
Área114,6 km²[3]
Densidade31,28 hab./km²
Entidades de poboación28 parroquias[4]
Capital do concelloMonterroso
Política (2019[5])
AlcaldeRocío Seijas (Independentes X Monterroso[6] [7])
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 3
Outros: IxM 4; CxG 1
Eleccións municipais en Monterroso
Uso do galego[8] (2011)
Galegofalantes77,82%
Na rede
www.monterroso.es
editar datos en Wikidata ]

PoboaciónEditar

Censo total 2019 3.667 habitantes
Homes 1.812
Mulleres 1.804

Poboación do núcleo urbanoEditar

Poboación do núcleo urbano
Fonte: INE Datos Poboación San Miguel de Esporiz [9].

HistoriaEditar

A denominación Monterroso non aparece ata mediados do século XII cando era o nome dun monte, e pasou a denominar a un asentamento humano. O documento máis antigo relacionado coa comarca é de 572 e refírese á confirmación da división da diocese lucense en doce condados. O territorio de Monterroso abranguía a comarca da Ulloa e pasaría os seus límites ata á Terra de Melide e cara ao Miño.

No século XII, dentro do conflito entre Pedro Froilaz e o matrimonio real de Urraca de León e Afonso o Batallador, entrando este en Galicia e asediando ao Conde de Traba no castelo de Monterroso (o que hoxe é a torre de Penas) conseguindo vencer a seus rivais, pero poñéndose a mal o Batallador coa súa muller ao asasinar a un nobre[10] amigo de Urraca que se refuxiara baixo seu manto.

A finais de 1920 comezou a editarse en Monterroso o periódico El Eco del Ulla, Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso.

En Monterroso hai un centro penitenciario para reclusos mozos, na Vacaloura, Penas, a seis quilómetros do centro da vila.[11]

Monterroso na cultura popularEditar

Refraneiro
  • Bestas en pelo, hainas en Monterroso [12].
Cantigueiro
  • Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ corenta e cinco estudiantes/ a cabalo dun raposo [13].
  • Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ vinte cinco escríbanos/ da cabalo dun raposo.
  • Se ti viras o que eu vin/ alá riba en Monterroso,/ sete frades dun convento/ da cabalo dun raposo [14].
  • Se ti viras o que eu vin / na feira de Monterroso: / vinte cinco xastres xuntos / da cabalo dun raposo.
  • Se ti viras o que eu vin/ no monte de Monterroso,/ máis de sesenta mil corvos/ da cabalo dun raposo.
  • Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ o abade de Lubeira/ dacabalo dun raposo [15].
  • Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ sete frades dun convento/ dacabalo dun raposo [15].
  • Se viras o que eu vin / na feira de Monterroso, / vintecinco costureiras / dacabalo dun raposo.[16]

Galería de imaxesEditar

Praia fluvial. 
Torre e pazo de San Miguel das Penas. 

Lugares de MonterrosoEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monterroso vexa: Lugares de Monterroso.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Monterroso

Arada (Santa María) | Bidouredo (Santiago) | O Bispo (Santa María) | Cumbraos (San Martiño) | Esporiz (San Miguel) | Fente (San Martiño) | Os Ferreiros (San Cibrao) | Frameán (San Pedro) | Fufín (San Martiño) | Lavandelo (Santiago) | Leborei (Santa María) | Ligonde (Santiago) | Lodoso (San Xoán) | Marzán (Santa María) | Milleirós (San Pedro) | Novelúa (San Cristovo) | Pedraza (Santa María) | Penas (San Miguel) | Pol (San Cibrao) | Salgueiros (Santa María) | San Breixo (San Salvador) | Satrexas (Santa Eufemia) | Sirgal (Santo André) | Sucastro (Santa Mariña) | Tarrío (Santa María) | Valboa (San Salvador) | Vilanova (San Pedro) | Viloíde (San Cristovo)

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Monterroso".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  6. La junta electoral central confirma que en Monterroso ganó Antonio Gato
  7. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Monterroso". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  8. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  9. https://www.ine.es/wstempus/nomen/GraficoWidget?idup=77170
  10. María del Carmen Pallares Méndez e Ermelindo Portela Silva, La reina Urraca, ed. Nerea, 2006.
  11. Centro Penitenciario de Lugo-Monterroso Arquivado 11 de xuño de 2017 en Wayback Machine. (en castelán).
  12. Eladio Rodríguez González, s. v. besta.
  13. No texto: vín, de un. Fermín Bouza-Brey 1929, 189.
  14. No texto: qu’eu, d’a cabalo. Saudade nº 4, xullo 1943, 27.
  15. 15,0 15,1 Xaquín Lorenzo Fernández, 147. No orixinal: vín, de un.
  16. Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 57. ISBN 978-84-9812-210-7. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.