Cumbraos, Monterroso
San Martiño de Cumbraos é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 41 habitantes, deles 22 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Cumbraos | |
---|---|
Igrexa de Cumbraos | |
Concello | Monterroso[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°49′02″N 7°49′52″O / 42.8172, -7.8311 |
Área | 3,06 km² |
Poboación | 40 hab. (2020) |
Densidade | 13,07 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo Cumbraos ten orixe no asentamento de poboación nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra.[2]
Patrimonio
editarA igrexa de San Martiño de Cumbraos foi construída orixinalmente en estilo románico. Destacan o seu arco triunfal, a portada de medio punto e varios canzorros con decoracións variadas.[3]
A igrexa forma un conxunto arquitectónico coa casa-torre de Cumbraos construída entre os séculos XV e XVI por mandato de Álvaro Gaioso e Osorio. É unha torre de planta rectangular con dous corpos e soto e cuberta a catro augas.[4]
Lugares e parroquias
editarLugares de Cumbraos
editarLugares da parroquia de Cumbraos no concello de Monterroso (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Monterroso
editarGalería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Antas de Ulla.
-
Detalle canzorros
-
Fiestra
-
Detalle Pórtico
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ VILLARES, R. (2004): Historia de Galicia. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, páx. 86.
- ↑ "Mapa Turístico | Concello de Monterroso". www.monterroso.es. Consultado o 2019-02-20.
- ↑ "Casa torre de Cumbraos". Patrimonio Galego. Consultado o 2019-02-20.