Pedraza, Monterroso

parroquia civil do concello de Monterroso

Santa María de Pedraza é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 154 habitantes, deles 77 eran homes e 77 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Pedraza
Igrexa de Santa María de Pedraza.
ConcelloMonterroso[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°49′25″N 7°51′50″O / 42.8236, -7.864
Área3,60 km²
Poboación114 hab. (2020)
Densidade31,67 hab./km²
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

A igrexa de Santa María de Pedraza foi construída orixinalmente en estilo románico, conservando aínda algúns canzorros, pero foi modificada durante o século XIX. Destacan os seus dous retablos de estilo neoclásico.[2]

Na parroquia atópase a capela de San Lourenzo, o templo máis antigo do concello de Monterroso. Foi construída no ano 1127 e aínda conserva trazos prerrománicos, como a súa porta principal. Nos séculos XVIII e XIX sufriu importantes reformas. Conserva varios canzorros da obra románica con figuras zoomórficas e antropomórficas.[3]

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Pedraza

editar
Lugares da parroquia de Pedraza no concello de Monterroso (Lugo)

Gontá de Arriba | Gundín | Pedraza | San Cristovo | San Lourenzo | Vilarfonxe

Parroquias de Monterroso

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Monterroso

Arada (Santa María) | Bidouredo (Santiago) | O Bispo (Santa María) | Cumbraos (San Martiño) | Esporiz (San Miguel) | Fente (San Martiño) | Os Ferreiros (San Cibrao) | Frameán (San Pedro) | Fufín (San Martiño) | Lavandelo (Santiago) | Leborei (Santa María) | Ligonde (Santiago) | Lodoso (San Xoán) | Marzán (Santa María) | Milleirós (San Pedro) | Novelúa (San Cristovo) | Pedraza (Santa María) | Penas (San Miguel) | Pol (San Cibrao) | Salgueiros (Santa María) | San Breixo (San Salvador) | Satrexas (Santa Eufemia) | Sirgal (Santo André) | Sucastro (Santa Mariña) | Tarrío (Santa María) | Valboa (San Salvador) | Vilanova (San Pedro) | Viloíde (San Cristovo)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar