El Eco del Ulla foi un periódico editado en Monterroso entre 1920 e 1921.

El Eco del Ulla
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso e Periódico Quincenal defensor de los intereses morales y materiales del distrito, apareceu a finais de 1920. Saía a rúa os días 1 e 15 de cada mes. Dirixido por Mariano Rodríguez Iglesias, o seu administrador era Manuel Fernández Ledo. Entre os seus promotores estaba o crego Teolindo Cortiña. Incluíu colaboracións de José Calvo Sotelo, Francisco Salgado López de Quiroga, F. Varela Ouro, Vázquez Miranda, Otero Besteiro e Xan d'a Amoexa. El Eco del Ulla tiña correspondentes e recollía información de Palas de Rei, Antas de Ulla, Portomarín, Monterroso, Taboada, Chantada e Carballedo. Serviu de canle de reivindicacións sociais e culturais e vía de comunicación coa emigración. Aínda se editaba en outubro de 1921.[1][2]

Notas editar

  1. El Ideal Gallego, 8-7-1921, p. 5
  2. La Voz de la Verdad, 13-10-1921, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-8192-110-6. 

Outros artigos editar