Editorial Everest
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Everest (homónimos).
Everest foi unha editorial leonesa, con máis de 3 000 referencias publicadas e cincuenta anos de historia, extinta en 2015,[1] en 2018 foi mercada pola asturiana Ediciones Nobel.
Editorial Everest | |
---|---|
Tipo | Sociedade anónima |
Fundación | 1961 |
Localización | León, España |
Persoas clave | José Antonio López Martínez (fundador) familia López Varela |
Industria | Editorial |
Na rede | |
http://www.everest.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarEspecializada en libros de texto, literatura infantil e xuvenil, gastronomía, dicionarios e guías turísticas; posuía os seguintes selos: Editorial Everest; Aizkorri (en éuscaro); Edicions Cadí (en catalán); Everest Galicia e Everest Editora (en portugués).
Everest Galicia
editarEverest Galicia, que tiña sede na Coruña, publicou libros de Manuel María, Xabier Docampo, Juan Farias, Francisco Fernández Naval, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Manuel Uhía, María Canosa e outros autores.[2]
Notas
editar- ↑ "La histórica editorial Everest firma la extinción laboral definitiva de su plantilla..." Público, 9/10/2015.
- ↑ "Catálogo de Everest Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 15 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "La histórica editorial Everest, al borde del abismo" Infolibre.es, 20/1/2015.