Xabier P. DoCampo
Francisco Xabier Puente Docampo, coñecido popularmente como Xabier P. DoCampo, nado en Rábade o 5 de abril de 1946[1] e finado na Coruña o 26 de xuño de 2018,[2] foi un mestre, escritor[3], contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco Xabier Puente Docampo 5 de abril de 1946 Rábade, España |
Morte | 26 de xuño de 2018 (72 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura infantil e xuvenil |
Ocupación | mestre, narrador, escritor, actor |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarCon poucos anos a familia trasladouse a Castro de Ribeiras de Lea[4] e uns anos despois á Coruña onde estudou o bacharelato e Maxisterio[5]. Traballou como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica,[6] pertenceu ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación[7]. Deu cursos a profesores e relatorios en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estrutura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Escribiu libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico. Foi tamén actor e director de teatro e colaborou durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato.
Foi un dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega[8] e tamén un dos máis traducidos.[9]
En 1995 obtivo o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pela noite,[10] seleccionada así mesmo como unha das cen mellores obras do século XX español, segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
A súa tarefa pedagóxica intégrase na chamada Nova Escola Galega.
Participou activamente na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, de cuxa Xunta directiva formou parte durante cinco anos, dous deles como presidente. Colaborou semanalmente no programa da Radio Galega Un día por diante cun comentario literario.
Obras
editarLiteratura infanto-xuvenil
editar- O misterio das badaladas (1986). Vía Láctea. Reeditado en 2011 por Xerais na col. Merlín. 144 páxs. 12 ª ed. ISBN 978-84-9914-207-4. ePub: ISBN: 978-84-9914-679-9.
- En castelán El misterio de las campanadas (2012). Anaya. 192 páxs. ISBN 78-84-678-2897-9.[11]
- En éuskaro Kanpai hotsen misterioa (2001). Elkarlanean. 142 páxs. ISBN 848331780X.
- En catalán El misteri de les campanades (1993). Bromera. 139 páxs. ISBN 8476601379.
- En asturiano El misteriu de les campanaes (1992). Trabe. 119 páxs. ISBN 8480530006.
- Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1986). Vía Láctea. 96 páxs. ISBN 978-84-86531-13-3.
- A chave das noces (1988). Vía Láctea. (2018) reeditado por Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-9121-412-0.
- Foi publicada en castelán como La llave maestra (2005)[12]. Algar. 166 páxs. ISBN 8495722801.
- O armario novo de Rubén (1989). Xerais. Col Merlín. Ilustrador Xan López Domínguez. 64 páxs. 7ª ed. ISBN 978-84-9782-899-4.
- A nena de auga e o príncipe de lume (1990). Xerais. 56 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. ISBN 78-8497822671.
- Roxelio e a couza: A casa do porco bravo (1991). Xerais. Col. Vouche contar un conto. Ilustrado por Ánxeles Ferrer. 18 páxs. ISBN 9788475075938. (con casete).
- Cando petan na porta pola noite (1994). Xerais. 19 ed. 978-84-8302-555-0. ePub: ISBN: 978-84-9914-587-7.
- En castelán Cuando de noche llaman a la puerta (1996). Anaya. 90 páxs. ISBN 8420770906.
- En éuskaro Gauez ate joka datozenenan (1996). Elkarlanean. 80 páxs. ISBN 9788479175726.
- En catalán Quan de nit truquen a la porta (1996). Barcanova. 80 páxs. ISBN 8448903749
- En inglés When There's a Knock on the Door at Night (2018). Sofía: Small Stations Press. 86 páxs. ISBN 978-954-384-087-8.
- En portugués Quando batem à porta pela noite (2003). Porto: Ambar, Col.: Fora de série. 66 páxs. ISBN 972-43-0646-1.
- Adelaida, Henrique e demais familia (1996). Galaxia. Col. Árbore. 154 páxs. 3ª ed. ISBN 978-84-9865-057-0.
- En castelán Adelaida, Héctor y demás familia (1998). La Galera. 101 páxs. ISBN 8424692063.
- En catalán L'Adelaida, l'Hèctor i tota la colla (1998). La Galera. ISBN 8424691164.
- O habanero (1997). Ed. Xunta de Galicia-RENFE-Caixa Galicia. Colección Nova 33, nº 18. Pontevedra. Ilustrador: Sergio Casas. 45 p. Rústica ilustrada. (Con Ana Romaní: Marmelada de amoras).
- O pazo baleiro (1997). Xerais. ePub: ISBN 978-84-9914-587-7.
- En castelán El pazo vacío (1997). Anaya. 160 páxs. ISBN 8420784591.
- En catalán El pazo buit (1998). Baracanova. 160 páxs. ISBN 8448906497.
- Breogán (1998). A Nosa Terra. 42 páxs. Debuxos de Pepe Carreiro. ISBN 84-899-7644-9.
- ¡Estampado! (1998). Xunta de Galicia. Ilustracións de Fran Jaraba.[13]
- O home que inventou unha maneira de andar (1998). Galaxia. 24 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. ISBN 9788482882253.
- En castelán El hombre que inventó una manera de andar (1998). La Galera. 23 páxs. ISBN 8424654161.
- En catalán L'home que va inventar una manera de caminar (1998). Bromera. 23 páxs. ISBN 8476604173.
- En éuskaro Ibiltzeko era bat asmatu zuen gizona (1998). Elkarlanean. 23 páxs. ISBN 848331231X.
- En asturiano L'home qu'inventó una manera d'andar (2001). Llibros de pexe. 23 páxs. ISBN 8489985715.
- A viaxe de Purpurina ou a historia dunha pinga de auga (1999). Xunta de Galicia.[14]
- Catro cartas (2000), Anaya. 64 páxs. ISBN 978-84-667-0004-7. Ed. en 2020 con ilustracións de Fino Lorenzo.
- En castelán Cuatro cartas (2006). Anaya. Ilustrador Fino Lorenzo.64 páxs. ISBN 9788466752022.
- Nube de neve (2000). Everest. 48 páxs. ISBN 9788440304124. Reedición: Nube de neve (2017). Oqueleo. Ilustrador Xosé Cobas. 48 páxs. ISBN 9788416834600.
- En portugués Nuvem de neve (2005). Rio de Mouro : Everest, Col.: Montanha encantada, Primeiros. 44 páxs. ISBN 989-50-0037-5.
- Os ollos de Ramón (2001). Everest. Ilustrador Xosé Cobas. 60 páxs. ISBN 9788440304148. 3ª ed.
- Un conto de tres noites (2001). Xerais. 96 páxs. ISBN 978-8483027233.
- ¿Víchela, víchela? (2001). Casals. ISBN 9788421824764
- ¿La has visto? ¿La has visto? (2001). Casals. 64 páxs. ILustrador Xosé Cobas. ISBN 9788421825426.
- A casa da luz (2002). Xerais. Col. Sopa de libros. Ilustrador Xosé Cobas. 192 páxs. 7ª ed. ISBN 978-84-8302-884-1.
- Sobre o libro fíxose unha longametraxe co mesmo título en 2011.[15]
- Foi publicada en castelán como La casa de la luz (2004). Anaya. 192 páxs. ISBN 9788466717052.
- En catalán La casa de la llum (2006). Barcanova. 208 páxs. ISBN 9788448919153.
- Contos do museo: relatos do Museo Provincial de Lugo (2003). Museo Provincial de Lugo. 121 páxs. ISBN 8481922277.
- Bolboretas (2004). Everest. 48 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. ISBN 978-8440305138.
- En castelán Mariposas (2005). Everest. Ilustrador Xosé Cobas. 32 páxs. ISBN 9788424116248. Tradución do autor.
- De cores e de amores (2005). Galaxia. Col. Os duros. 36 páxs. ISBN 978-84-8288-860-6.
- A decisión de Valerio (2005). Xerais. Col. Andavía. 24 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. ISBN 978-84-9782-287-9.
- En castelán La decisión de Valerio (2005). AlgaR Ed. Col. La Maleta Mágica. 24 paxs. ISBN 9788495722904. Tradución do autor.
- En catalán La decisió de Valeri (2005). Bromera. 24 páxs. ISBN 9788476604199.
- En éuskaro Balorieken Erabakia (2005). Erein. 24 páxs. ISBN 9788497462303.
- Hoy vas a entrar en mi pasado (2006). A Fortiori. 62 páxs. ISBN 9788493477332. (en castelán)
- En éuskaro Gaur nire iraganean sartuko zara (2006). A Fortiori. ISBN 9788493477363.
- O libro das viaxes imaxinarias (2008). Xerais. Infantil e xuvenil, Camaleón. 224 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. ISBN 978-84-9782-916-8.[16]
- En castelán El libro de los viajes imaginarios (2008). Anaya. 224 páxs. ISBN 9788466777049.
- En inglés The Book of Imaginary Journeys (2008). Small Stations Peess. 224 paxs. ISBN 978-8497829168.
- A noite das filantes (2009). Galaxia. Col. Os duros. Ilustrador Xosé Cobas. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-203-1.
- Mans (2011). Everest. 48 páxs. Fotografías de Daniel Puente Bello. ISBN 978-8440311832.[17]
- A nena de auga e o príncipe de lume (2012). Xerais. Col. Merlín. 64 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. ISBN 978-84-9914-344-6.
- O país adormentado (2012). Xerais. Col. Fóra de Xogo. 144 páxs. 3ª ed. ISBN 9788499145846.
- A illa de todas as illas (2013). Xerais. Col. Camaleón. 168 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. 3ª ed. ISBN 978-84-9914-591-4.[18]
- O pintor cego (2020). Póstuma. Con Xosé Cobas. Kalandraka. 44 páxs. ISBN 978-84-1343-019-5.
- En castelán El pintor ciego (2021). Kalandraka. 44 páxs. ISBN 978-84-1343-020-1.[19]
- En catalán El pintor cec (2021). Kalaandraka. 44 páxs. ISBN 978-84-16804-89-4. [20]
Narrativa
editar- A nena do abrigo de astracán (2017). Xerais. 400 páxs. 2ª ed. ISBN 978-84-9121-286-7.[21][22]
- Contos de obxectos (2021). Xerais. Fotografías de DNL. Prólogo de Fina Casalderrei. 80 páxs. ISBN 978-84-9121-804-3. ePub: ISBN 978-84-9121-834-0.[23]
Ensaio
editar- Falar e escoitar (1992). Xerais. ISBN 84-7507-615-7.
Obras colectivas
editar- Os contos da campaña (3) (1992, Xunta de Galicia).
- Trazos, trozos e retrincos (1992, Xunta de Galicia).
- Construír a paz (1996, Xerais).
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
- Novo do trinque (1997, Bloque Nacionalista Galego). Relatos.[a]
- Imos xuntos camiñar (1999, Xunta de Galicia).
- Novos exercicios de estilo (2000, Universidade da Coruña).
- Contos de ler e contar (2001, Xunta de Galicia).
- Historias para calquera lugar (2001, Xerais).
- Manuel María (2001, Ophiusa).
- Contos do museo (2003, Deputación de Lugo).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales (2004, Xunta de Galicia).[24]
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
- 55 mentiras sobre a lingua galega (2009), Laiovento).
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
- Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
Premios
editar- Premio Feira do Libro da Coruña, 1989, polo conxunto da súa obra narrativa.
- Premio Emilia Pardo Bazán do Ministerio de Educación.
- Premio Rañolas 1994 á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.
- Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995, por Cando petan na porta pola noite.
- Honourl List IBBY 1996.
- The White Ravens 1997 da Jugendbibliothek de Múnic.
- Premio Lecturas da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) de 2004.
- The White Ravens 2005 da Jugendbibliotethet de Múnic, por Bolboretas.
- Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Infantil-Xuvenil no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
- Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
- No 2009 foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés.
- Premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil do 2013, por A illa de todas as illas.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de 2017, por A nena do abrigo de astracán.
- Premio da Crítica de Galicia, Creación Literaria 2018 por A nena do abrigo de astracán.
- Premio á mellor obra narrativa por A nena do abrigo de astracán na Gala do Libro Galego do 2018.[25]
Notas
editar- ↑ Autores: Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Lois Diéguez, Xabier P. DoCampo, Manuel Forcadela, Bieito Iglesias, María do Carme Kruckenberg, Manuel María, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Miranda, Xosé Neira Vilas, Henrique Rabuñal, Manoel Riveiro Loureiro, Xoán Ignacio Taibo, Suso de Toro, Xulio López Valcárcel, Vítor Vaqueiro e Luísa Villalta.
- Referencias
- ↑ "Xabier P. DoCampo". www.aelg.gal. Consultado o 2019-06-27.
- ↑ "Morre Xabier P. Docampo, voz imprescindíbel da literatura infantil e xuvenil galega" Arquivado 26 de xuño de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 26 de xuño de 2018.
- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-27.
- ↑ Vizoso, Sonia (2018-06-26). "Muere Xabier P. Docampo, el niño que se hizo escritor escuchando a sus padres". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-06-30.
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-06-27.
- ↑ "Xabier Puente Docampo. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-06-27.
- ↑ "Enciclopedia Historia Literatura Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 2019-06-29.
- ↑ "La Literatura Infantil y Juvenil gallega en el siglo XXI. Seis llaves para "entenderla mejor" / Blanca-Ana Roig Rechou. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes". www.cervantesvirtual.com. Consultado o 2019-06-27.
- ↑ Xolda.com. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-30.
- ↑ "Xabier P. DoCampo". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-27.
- ↑ "El misterio de las campanadas - Anaya Infantil y juvenil". www.anayainfantilyjuvenil.com (en castelán). Consultado o 2019-06-28.
- ↑ Docampo, Xabier P. (2005). La llave maestra. Algar. p. 166. ISBN 8495722801.
- ↑ D'Souza, Ajay. "Xabier P. Docampo: Estampado! « A Biblioteca de Fillos de Galicia". Consultado o 2019-06-29.
- ↑ "Visualizar obra". bvg.udc.es. Consultado o 2019-06-29.
- ↑ "A casa da luz :: CINE GALEGO". engalecine6.webnode.es. Consultado o 2019-06-28.
- ↑ "O libro das viaxes imaxinarias. Edicións Xerais de Galicia. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-06-27.
- ↑ Nicolás, Ramón (2011-11-20). "Mans, texto de Xabier P. DoCampo; fotografías de Daniel Puente Bello (DNL)". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-29.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-28.
- ↑ "El pintor ciego". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12.
- ↑ "El pintor cec". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12.
- ↑ Nicolás, Ramón (2017-12-19). "A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-27.
- ↑ "Unha excelente novela: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Xosé Manuel Eyré. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-27.
- ↑ Rodríguez, Olga (xullo, agosto, setembro 2021). "Uns obxectos de conto". Grial LIX (231): 125. ISSN 0017-4181.
- ↑ DoCampo lendo un fragmento de A Máscara, conto da obra colectiva Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales.
- ↑ "Premiados na Gala do Libro Galego no 2018". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xabier P. DoCampo |
Bibliografía
editar- "Puente Docampo, Xabier". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
Ligazóns externas
editar- Blog oficial do autorarquivada dende o orixinalArquivado 01 de agosto de 2016 en Wayback Machine. o 1 de agosto de 2016.
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros Arquivado 23 de decembro de 2014 en Wayback Machine.
- "8 vídeos para lembrar a Xabier P. Docampo" (27/6/2018). Praza.gal.