Nova Escola Galega

asociación de renovación pedagóxica

Nova Escola Galega é un movemento asociativo de base que ten como finalidade impulsar o traballo de renovación pedagóxica e de galeguización lingüística e curricular do sistema educativo de Galiza, por medio da agrupación e cooperación de todos aqueles ensinantes e persoas sociais e colaboradoras que pretenden contribuír coa súa acción e reflexión á construción dun sistema educativo galego, público e democrático. Foi fundado o 11 de xuño de 1983 en Santiago de Compostela,

Nova Escola Galega
Tipoasociación
Data de fundación11 de xuño de 1983
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://www.nova-escola-galega.org/
editar datos en Wikidata ]

Actividades editar

Nova Escola Galega ten varios campos de acción:

  • Colaboración ou creación de exposicións, congresos, xornadas e escolas de verán.
  • Publicacións sobre sociolingüística e materiais curriculares
  • Publicación trimestral da Revista Galega de Educación
  • Colaboración en varios encontros, como os coñecidos encontros galego-portugueses de educadoras e educadores para a paz, ou os recentes sobre medios de comunicación.
  • Existencia de grupos de traballo sobre diversos proxectos orientados a distintos niveis educativos (como o grupo Vieiros da escola, sección da publicación electrónica Vieiros).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar