Pepe Carreiro
Xosé Carreiro Montero, máis coñecido como Pepe Carreiro, nado en Vigo en 1954, é un humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada, coñecido por ser o creador da serie infantil Os Bolechas.
Pepe Carreiro | |
---|---|
Nacemento | 1954 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | ilustrador e autor |
Fillos | Abraham Carreiro |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Traballou de debuxante e director de arte en varias axencias de publicidade de Vigo, fundou con outros socios unha axencia propia e ten un estudo propio desde os anos 90.
Foi fundador das revistas Can sen Dono e XO! "a voz que para a bestas"; publicou dous libros de humor gráfico: Fraga na Galiza (Laiovento) e Mellor que onte, pero mellor que mañán (Fervenza); e publicou viñetas e tiras en medios como A voz do Pobo (na sección "O fillo de Breogán"), Teima (na sección "O galo Camilo"), l La Codorniz, Mundo Obrero, El Pueblo Gallego ("O galo Camilo"), Hoja del Lunes de Vigo, Faro de Vigo ("Maxistérico"), Diario de Galicia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Faro del Lunes ("Canal privado"), Televisión de Galicia ("O anano do tesouro"), El Correo Gallego, ("O galo Camilo"), A Peneira ("Robinsón"), El Mundo, A Trabe de Ouro, Tempos novos, kkrak.net, Novas de Galiza, Retranca e Xornal de Galicia.
Como debuxante e guionista de cómic publicou tres álbums da serie Os Barbanzóns: Baroña ou morte, Non solpor da prehistoria e A noite de Samaín; e un álbum da serie Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore; ademais de varias páxinas en medios como Faro de Vigo, A Nosa Terra, Enclave, BD ou as fundadas por el como Can sen Dono e Xo!.
Tamén é súa a serie Os Formigón (A Nosa Terra); a serie Os Pequenos Barbanzóns, en colaboración con Abraham Carreiro (Toxosoutos); e varios contos para as coleccións Contos do Miño (A Nosa Terra), Merlín (Xerais), Árbore (Galaxia) e A chalupa (Galaxia). Tamén publicou en Sotelo Blanco, Ir Indo, Pearson Education, Macmillan, EDB, Rodeira etc.
Pero o maior éxito como debuxante, ilustrador e escritor foi a creación da serie infantil Os Bolechas editada primeiro por A Nosa Terra e actualmente por Bolanda Edicións e Márketing e que deu o salto do papel a outros múltiples formatos, como espectáculos para teatro, discos, unha serie de televisión etc.
PremiosEditar
Foi 3º premio ex aequo con Xan González do Concurso nacional de contos infantís O Facho de Cómics para nenos no 1980, por A illa dos carballos. No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da AELG.
Vida persoalEditar
O seu fillo, Abraham Carreiro, tamén é debuxante.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.