Manoel Riveiro Loureiro

escritor galego

Manoel Riveiro Loureiro, nado na Coruña en 1933 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 2009, foi un escritor galego.

Modelo:BiografíaManoel Riveiro Loureiro
Biografía
Nacemento1933 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xaneiro de 2009 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecaída de altura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, pescador Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1022984 AELG: 206 Dialnet: 107773

Traxectoria

editar

Orfo de pai dende os tres anos, represaliado tralo golpe de estado franquista, traballou dende moi novo e non recibiu apenas formación escolar. Logo de ocupar diversos postos como recadeiro e axudante, embarca como mariñeiro, ao comezo na pesca de baixura e logo na pesca de altura no Gran Sol. Despois do servizo militar, que o leva a Cartagena e a Ferrol, embarca na mariña mercante.

Despois de casar emigra ao Montevideo, onde permanecerá ata 1973, ano en que regresan a Galicia. Catro anos despois queda no paro[1] e comeza a escribir, dando ao prelo Pola ida e pola volta en 1977, con corenta e catro anos. Escritor moi prolífico e atesourador dunha gran cantidade de premios e galardóns literarios, tamén destacou como tradutor do ruso. Ademais das obras que publicou individualmente, foi autor de numerosísimos relatos que se publicaron en diversos volumes colectivos.

Tamén fixo colaboracións en medios audiovisuais, e participou como extra en series de televisión, como Mareas vivas.

Narrativa

editar

Teatro

editar

Literatura infanto-xuvenil

editar
  • A primeira pedra, 1994, Edelvives.
  • Benvidos, 1996, Edelvives.
  • Sabotaxe na Estaca de Bares, 1997, Edelvives.

Tradución

editar

Obras colectivas

editar
  • Traballos premiados no 4º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro, 1978, Ediciós do Castro.
  • Autor do relato Un algo preto nas mentes publicado en O larvisión. De como ti abandonou-no a vocé. Un algo preto nas mentes. O dez por cento, 1981, Ediciós do Castro.
  • A gran novela e outras narracións. Traballos premiados no 7º Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro, 1982, Ediciós do Castro.
  • Vida infame de Tristán Fortesende - As trazas do demo - Homo sapiens, 1984, Ediciós do Castro.
  • Premios Pedrón de Ouro. X Certame Nacional Galego de Narracións Curtas "Modesto R. Figueiredo", 1985, Ediciós do Castro.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • Novo do trinque, 1997, BNG.
  • I Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros, 1999, Além-Parte.
  • VI Certame literario Manuel Lueiro Rey de novela curta]] 1998, 1999, Concello do Grove.
  • Tecendo panos, 2000, Laiovento.
  • Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.

Premios

editar

Obra en castelán

editar

Narrativa

editar
  • Camino de Chiapas, (1999).

Vida persoal

editar

Casou e quedou viúvo. Faleceu ao caer dende unha fiestra da súa casa, por razóns descoñecidas[2].

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar