Premio Lueiro Rey de narrativa
O Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey é un premio literario convocado polo concello do Grove dende 1992. Estableceuse coa finalidade de promocionar a vida e obra de Manuel Lueiro Rey.
HistoriaEditar
Nun principio era un certame literario que prevía dúas modalidades: narración curta (para maiores de 18 anos) e narración xuvenil. A extensión dos orixinais modificouse nas primeiras edicións e a partir da IV faise constar na acta de xurado a vontade de que o premio tivese continuidade nos anos seguintes.
Na V convocatoria o certame pasa a ser monolingüe en galego e redúcese a unha única modalidade sen requisitos de idade. Na VII edición muda a súa especialización substituíndo a de "narración curta" pola "novela curta".
En 2019 a súa dotación económica era de 3000 euros.[1]
Obra premiadaEditar
- 2019 - Ignacio Vidal Portabales, Lara e Sabela.
- 2018 - Henrique Dacosta López, Illas a Sotavento.
- 2016 - Lionel Rexes, A raíña das velutinas.
- 2015 - Antonio Piñeiro, O Noiro.
- 2014 - Antonio Pichel Beleiro, Xente que nunca antes morrera.
- 2013 - Deserto.
- 2012 - Juan Tallón, Fin de poema.
- 2011 - Mario Regueira, Outono aquí.
- 2010 - Chelo Suárez, As horas rotas.
- 2008 - An Alfaya, Areaquente.
- 2007 - Ramón Caride Ogando, O frío azul.
- 2006 - Mariña Pérez Rei, Canícula.
- Finalista: Xavier Franco Alonso, Aínda.
- 2005 - Manuel Riveiro Loureiro, Xullo-Agosto.
- Finalista: Xurxo Sierra Veloso, Licor de abelá con xeo.
- 2004 - Teresa Moure, A xeira das árbores.
- Finalista: Paulino Pereiro, Sinfonía cíclica.
- 2003 - Pilar Buela, Ácaros verdes.
- 2002 - Xabier López López, O mono no espello.
- Finalista: Xesús Rábade Paredes, Como levar un morto.
- 2001 - Santiago Jaureguizar, Breve crónica universal da clase obreira.
- 2000 - Manuel Darriba, Velada do billarista.
- Finalista: Xabier Cid, Terá as túas balas.
- 1999 -
- Finalista: Beatriz Dacosta, O cabalo das sete cores.
- 1998 -
- 1997 - Francisco Castro, Play-back.
- 1996 - Rosa Aneiros
- Inma López Silva
- Antón Lopo
NotasEditar
- ↑ "Concello e Edicións Xerais convocan o XXVI premio literario Manuel Lueiro Rei". Faro de Vigo. 28 de marzo de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019.