Xosé Cobas

ilustrador galego

Xosé Cobas Gómez, nado en Logrosa en 1953, é un ilustrador galego.

Infotaula de personaXosé Cobas
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Negreira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e ilustración Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , ilustrador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Expuxo por vez primeira en 1977, na cidade da Coruña. A partir de 1980 compaxinou a pintura co deseño gráfico e maila ilustración, e dende 1988 centra a súa actividade de ilustrador na literatura infantil e xuvenil. Ten traballado canda autores de prestixio tal que os galegos Juan Farias, Xabier P. DoCampo ou Fina Casalderrey (todos tres contan co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Estado español). Así mesmo, os seus traballos están espallados por diversas editoriais: Grupo Anaya, Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Edelvives etc.

Ten impulsado tamén a revista de banda deseñada Golfiño, canda o chairego Xabier P. DoCampo, e é un claro defensor e promotor da lingua galega, do cal da boa proba a súa pertenza á plataforma cívica ProLingua. Ilustra periodicamente dende 1981 para o xornal La Voz de Galicia.[1]

Dende 1991 traballa como deseñador gráfico para a Deputación da Coruña.[2]

Premios e distincións editar

Foi galardoado co premio Lecturas ao ilustrador máis votado polos lectores das bibliotecas de Galicia entre toda a produción editorial do ano 2003. Posúe tamén o premio FETEN ao mellor libro de teatro xuvenil ilustrado en España (ano 2002) e o premio Gourmand World Cookbook Awards (2004) ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica en castelán.

2022: Homenaxeado no Salón do Libro de Pontevedra.[3]

Notas editar

  1. "Xosé Cobas". filix.org. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2012. 
  2. "Xosé Cobas Gómez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-03-17. 
  3. Pontevedra, Diario de (2022-01-27). "O Salón do Libro homenaxeará a Marica Campos e a Xosé Cobas". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-03-17. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar