ProLingua
ProLingua é unha plataforma a prol da lingua galega, estabelecida a nivel fiscal en calidade de asociación cultural[1]. Celebrou a súa primeira asemblea o 3 de outubro de 2009 en Santiago de Compostela[2].
TraxectoriaEditar
Características e organizaciónEditar
Defínese como apartidaria, plural e non xerárquica. Así mesmo no seu manifesto fundacional[3] recóllese un único requisito para poder formar parte dela:
Outro dos sinais de identidade da plataforma ten que ver co financiamento, pois este ten que ser unicamente en base ás achegas dos socios, non estando admitidas nin a vía das subvencións públicas nin das contribucións privadas[4].
Cómpre sinalar que ProLingua aposta pola súa socialización a través da Internet, tanto para o debate interno como para a organización de accións ou distribución de contidos. Así, amais dun dominio de seu, dispón tamén de contas abertas e públicas en redes sociais coma Facebook ou Twitter.
MembrosEditar
A comezos de maio de 2010 contaba con máis de 2.000 membros[5] tanto de Galiza coma de fóra, exercendo estes máis dun cento de profesións distintas, amais de teren unhas tendencias ideolóxicas do máis diverso, como demostra o feito de figuraren entre os seus socios militantes dos tres partidos políticos con representación parlamentaria e gran parte dos que non a teñen. Entre estes máis de mil membros figuran persoeiros da Real Academia Galega como Francisco Fernández Rei ou Margarita Ledo; das letras, como Xabier P. DoCampo, Ana Romaní, Xavier Rodríguez Barrio, Paco Martín, Antonio Reigosa ou Rosa Aneiros; da política, como Marisol López, Camilo Nogueira, Xosé Manuel Beiras, Xabier Cordal, Primitivo Iglesias ou Rafael Cuíña; do ensino, como Fermín Bouza Álvarez, Craig Patterson, Mercedes Queixas, Xavier Senín ou Xosé Henrique Costas, e doutros tantos ámbitos tal que a avogacía, o xornalismo, a hostalaría, a música, a empresa ou a investigación científica.
ObxectivosEditar
A plataforma declara como obxectivos únicos a defensa e promoción da lingua propia de Galiza, e para tal efecto considera irrenunciábel a totalidade dos contidos da Lei de normalización lingüística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004[6].
PublicaciónsEditar
NotasEditar
- ↑ Vídeo da Asemblea fundacional
- ↑ Botadura oficial de ProLingua. Nova aparecida no xornal Vieiros
- ↑ "Manifesto fundacional". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2009. Consultado o 07 de outubro de 2009.
- ↑ Financiamento só coas achegas por parte de socios Nova aparecida no xornal Galicia Hoxe
- ↑ "Listaxe pública cos membros de Prolingua". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2010. Consultado o 07 de outubro de 2009.
- ↑ Os contidos da LNL e mais do PXNLG, irrenunciábeis para ProLingua Nova aparecida en La Voz de Galicia.
- ↑ O libro tivo unha presentación histórica ao ser presentado o 5 de febreiro simultaneamente en 69 localidades de todo o mundo, cunha audiencia presencial de arredor de 5.000 persoas.Nova en Vieiros
- ↑ 55 mentiras sobre a lingua galega en PDF.