Abrir o menú principal

Lois Diéguez

escritor e político galego

Lois Diéguez Vázquez, nado en Monforte de Lemos o 17 de abril de 1944, é un escritor e político galego.

Lois Diéguez
Lois Diéguez (AELG)-3.jpg
Nacemento 17 de abril de 1944 (74 anos)
Lugar Monforte de Lemos, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Ocupación escritor e político
Xéneros Poesía, narrativa e ensaio
Estudos Enxeñaría topográfica
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Foi alumno de Manuel María na súa vila natal[1]. Estudou enxeñaría topográfica en Madrid, e exerceu esa profesión no Concello de Lugo. Militante da UPG, foi un dos fundadores e voceiro da AN-PG e deputado polo BNPG no Parlamento de Galicia (1981-1985). Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega. O seu poema Eu son a voz do pobo, converteuse nunha das cancións emblemáticas do grupo Voces Ceibes. Pertence ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Antón Fortes Torres e Isidro Novo.

ObraEditar

PoesíaEditar

  • Albre de espranza, 1966, Xistral.
  • Canciós pra un agromar branco e azul, 1968, Xistral.
  • O ferro dos días, 1982, Xistral.
  • Ónfalos, 2001, Espiral Maior.

NarrativaEditar

Literatura infanto-xuvenilEditar

EnsaioEditar

  • Lugo, a cidade dos tesouros encantados, 2014, Engaiolarte.
  • Peregrinaxes, viaxando con Manuel María, 2016. Libro-DVD.

Obras colectivasEditar

PremiosEditar

NotasEditar

  1. Queixas Zas, M. (2016): Labrego con algo de poeta. Editorial Galaxia.

Véxase taménEditar