Henrique Rabuñal

escritor e crítico literario galego

Henrique Manuel Rabuñal Corgo, nado en Pastoriza (Arteixo) o 6 de novembro de 1962, é un profesor, escritor e crítico literario galego.

Henrique Rabuñal
Nacemento6 de novembro de 1962
 Pastoriza
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía, narrativa, teatro e ensaio
EstudosFiloloxía Galego-Portuguesa
Na rede
AELG: 187 Dialnet: 860718
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, conseguindo posteriormente o doutoramento[1]. A súa tese doutoral foi publicada en 1994 co título Textos e Contextos do Teatro Galego (1671-1936). Esta obra converteuno definitivamente nun dos máis prestixiosos estudosos sobre teatro galego, se ben xa dera a coñecer esta súa faceta durante a celebración do II Congreso Internacional de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa (organizado pola AGAL, da que é socio), ao cal acudiu co traballo: "Contribuiçom ao estudo do Entremez famoso sobre a pesca no rio Minho". Tamén é Diplomado en Lingua Portuguesa pola Universidade de Coímbra.[2]

Nacionalista galego, Henrique Rabuñal traballou desde moi novo en asociacións de corte galeguista por el mesmo fundadas (A Nova Mocidade e Xiada). Foi presidente e directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega. É catedrático de lingua e literatura galegas con destino no IES Agra do Orzán da Coruña logo de exercer nos Institutos de Foz, Salvador de Madariaga, Manuel Murguía, Paseo das Pontes, Rafael Dieste e Ramón Menéndez Pidal[3], e tamén foi profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC.[4] Henrique Rabuñal cultivou a narrativa e especialmente a poesía, ensaio e teatro.

Manuel Murguía, Marinhas del Valle, Carvalho Calero, o Padre Sarmiento, Lugrís Freire, Xosé María Álvarez Blazquez ou Manuel María foron obxecto dos seus estudos en moitas ocasións. Ten colaborado en numerosas revistas e xornais.[5]

Obra editar

Narrativa editar

Poesía editar

Teatro editar

Ademais doutras pezas que viron a luz en diferentes publicacións.[6]

Ensaio editar

Edicións editar

  • O marinheiro, de Fernando Pessoa (1985), Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • La primera luz. Libro de lectura para uso de las escuelas de primeras letras de Galicia. Manuel Murguía (2000). Ed. facsímile. Edicións Xerais de Galicia, S. A. e San Luis en Vigo. Prólogo de Xesús Alonso Montero, edición e estudo de Henrique Rabunhal (en galego). ISBN 84-830-2539-6.[15]
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). Espiral Maior. 95 páxs. ISBN 9788496475854.

Homenaxes e obras conxuntas editar

Premios editar

Notas editar

  1. "Autores - Rabuñal Corgo, Henrique". baiaedicions.gal. Consultado o 2020-01-22. 
  2. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2020-01-22. 
  3. "Enciclopedia Historia Literatura Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 2020-01-22. 
  4. "Henrique Rabuñal Corgo. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-01-22. 
  5. "Henrique Rabuñal Corgo". Dialnet (en castelán). Consultado o 2020-01-22. 
  6. "TEATRO". Henrique Rabuñal. 2018-03-29. Consultado o 2020-01-22. 
  7. "Edicións Laiovento - JENARO MARINHAS DEL VALLE, A VIDA ESCURA". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-22. 
  8. "Edicións Laiovento - PALABRA E PATRIA". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-22. 
  9. "Manuel Lugrís Freire. Edicións A NOSA TERRA. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2020-01-22. 
  10. "Edicións Laiovento - XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ NA SÚA CANLE SECRETA". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-22. 
  11. "O teatro en Jenaro Marinhas del Valle. Universidade da Coruña. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2020-01-22. 
  12. "Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-01-22. 
  13. Miguel A., Mato Fondo (Xaneiro-xuño, 2020). "O Anxo da Terra". Grial. LVIII (225, 226): 83–84. ISSN 0017-4181. 
  14. Rabuñal, Henrique (Xaneiro-xuño, 2020). "Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra". Grial. LVIII (225, 226): 100–103. ISSN 0017-4181. 
  15. "LA PRIMERA LUZ. LIBRO DE LECTURA PARA USO DE LAS ESCUELAS… MANUEL MURGUÍA. Facsímil 2000 del de 1859". todocoleccion.net (en castelán). Consultado o 2020-01-22. 
  16. "Henrique Rabuñal". www.aelg.gal. Consultado o 2020-01-22. 
  17. "Edicións Laiovento - MANUEL MURGUIA". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-22. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar