IES Salvador de Madariaga
instituto de ensino secundario na Coruña
O IES Salvador de Madariaga é un instituto situado no Paseo de Ronda da Coruña, dentro do complexo coñecido como Cidade Escolar.
IES Salvador de Madariaga | |
---|---|
Enderezo | |
Cidade Escolar da Coruña | |
Datas | |
Edificio actual | 1947 |
Reformas | 1998 |
Educación | |
Ensinanzas | Educación secundaria obrigatoria e bacharelato |
Xestión (2022) | |
Tipo | público |
Titularidade | Consellería de Educación e Ordenación Universitaria |
Director | María Gromaz de los Santos[1] (2021-) |
Vicedirector | Francisco Canoura Quintana[1] |
Xefe de estudos | María Jesús Fórneas Díaz[1] [1] |
Secretario | María José Devasa Ramudo[1] |
Outros nomes | |
Instituto Masculino, O Masculino | |
Na rede | |
Web |
Neste centro impártese a educación secundaria obrigatoria, os bacharelatos de Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais e Artes escénicas, música e danza.[2]
Historia
editarO instituto foi fundado o 23 de setembro de 1947 cando se trasladou a sección masculina ao novo edificio, quedando a feminina no Eusebio da Guarda, sendo un dos Institutos Históricos de Galicia. O edificio foi obra do arquitecto Eusebio Sánchez.[3]
Os directores recentes, dende o ano 2000 foron:
- Tino Álvarez Rodríguez: 2000-2007
- Carlos Alonso Rodríguez: 2007-2012
- María Gromaz de los Santos: 2012-2016
- Juan Carlos Sanmartín Fernández: 2016-2021
- María Gromaz de los Santos: 2021-actualidade
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Equipo Directivo - IES Salvador de Madariaga". www.edu.xunta.gal. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "Ensinanzas". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 27 de marzo de 2014.
- ↑ El Masculino celebra sus 60 años con una exposición
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|