Felipe Senén
Felipe Senén López Gómez, nado no Carballiño o 10 de febreiro de 1948, é un arqueólogo galego.
Felipe Senén | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de febreiro de 1948 |
O Carballiño | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Xéneros | Ensaio |
Estudos | Filosofía e Letras |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fixo os seus primeiros estudos no Carballiño e no Instituto de Ourense, onde traballou como colaborador do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, dirixido entón por Xesús Ferro Couselo. Estudou Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, ao tempo que facía prácticas de museoloxía e arqueoloxía co historiador Manuel Chamoso Lamas, así como na creación, instalación e posta en funcionamento do Museo das Peregrinacións, e do Museo do Ribeiro; participou igualmente como supervisor de campo nas prospeccións arqueolóxicas do Castro de Viladonga (Castro de Rei) e mais nas da ermida de San Guillermo de Fisterra. En 1975 pasou a reorganizar aspectos no Museo Arqueolóxico da Coruña, localizado no Castelo de Santo Antón, e chegou a ser nomeado director-conservador. No 1996 pasou á Deputación da Coruña como Técnico de Xestión Cultural.
Foi fundador da asociación cultural Avantar do Carballiño, de Alexandre Bóveda na Coruña e da revista de pedagoxía O Ensino, coas que colaborou con artigos de divulgación e sensibilización sobre o patrimonio cultural de Galicia; é o creador e animador de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña, inspiradora e base de Amigos dos Museos de Galicia. Preocupado pola linguaxe simbólica na tradición galega, así como pola posta en valor do patrimonio etnográfico e arqueolóxico, ten participado en múltiples publicacións, artigos nos medios de comunicación de Galicia, folletos, guías, programas de radio, TV, prólogos etc. É autor de varios libros, especialmente sobre cuestións en relación coa identidade cultural e recursos turísticos.
ObrasEditar
EnsaioEditar
- Roteiros de Compostela: Galicia-Portugal, 1993, Equinoccio.
- Festas populares de Galicia, colección de libros con diapositivas, 1997, Baía Edicións.
- Os primeiros galegos: prehistoria e arqueoloxía de Galicia, 2003, Lea.
- Xaquín Lorenzo Fernández, 2004, Baía Edicións.
- Andando a terra con Manuel María, 2005, Concello de Santiago de Compostela.
- A auga e as fontes en Galiza, 2010, Deputación de Ourense.
- Galicia: festas, feiras e romarías, 2010, Turgalicia.
Obras colectivasEditar
- Historia de Galicia, 1979, AN-PG.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Asociación Cultural Xermolos.
- Historia de Galicia, 1992, A Nosa Terra.
- Xesús Ferro Couselo: a búsqueda da identidade e o encontro cos devanceiros, 1996, Espiral Maior. Con Carlos Díaz Martínez.
- Instantes dunha vida: Manuel Murguía, Día das Letras Galegas, Arteixo 2000, un nome, un pobo, unha data (2000, Concello de Arteixo). Con Henrique Rabuñal e Xosé Ramón Barreiro.
- Camiños de luz, 2002, Deputación da Coruña.
- A memoria do Carballiño, 2003, Xerais. Con Carlos Díaz Martínez.
- O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións.
- Amigos dos Museos de Galicia, 2007, Amigos dos Museos de Galicia.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Terra e mar: cesteiros na Ría de Vigo, 2008, Fundación Museo do Mar de Galicia.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- O Carballiño 1869-1979: álbum fotográfico da vila do Arenteiro, 2010, Deputación de Ourense.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Felipe Senén na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.