Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda é unha asociación cultural nacida na Coruña o 17 de agosto de 1976 e que ten como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas e a divulgación da figura e pensamento de Alexandre Bóveda.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda | |
---|---|
![]() | |
![]() Antigo local da agrupación | |
Tipo | asociación cultural |
Data de fundación | 1976 |
Nomeado en referencia a | Alexandre Bóveda |
Presidente/a | María Xosé Bravo (-) |
Localización | |
Enderezo | Santo André, 36, 1º 15003 (Edificio do Circo de Artesáns) |
En | A Coruña |
País | Galicia |
43°22′14″N 8°24′08″O / 43.370528611111, -8.4022633333333Coordenadas: 43°22′14″N 8°24′08″O / 43.370528611111, -8.4022633333333 | |
Na rede | |
https://www.acalexandreboveda.gal/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
ActividadeEditar
Realiza diferentes actividades de tipo sociocultural entre as que destaca a celebración do Memorial de Teatro Amador Ibán Toxeiro[1], os obradoiros de teatro e de xadrez, os clubs de lectura, actividades na defensa dos dereitos das mulleres, a publicación dos números da Biblioteca Alexandre Bóveda, exposicións etc. Tamén realiza un traballo de investigación con temas como o nacemento e a repercusión das Irmandades da Fala, a recuperación e divulgación do patrimonio toponímico galego, a interacción da lingua cos avances tecnolóxicos, entre outras moitas. En xaneiro de 2020 puxo en marcha o proxecto e a web A Coruña das Mulleres, destinada a construír un fondo documental, gráfico e audiovisual, sobre a memoria feminina da cidade da Coruña[2].
En 2017 recibiu o premio Marcelino Liste outorgado polo Foro Cívico, como recoñecemento do seu traballo a prol da xustiza e da liberdade[3].
Desde xaneiro de 2023 a súa sede está na rúa Santo André, 36, primeiro andar, no edificio do Circo de Artesáns.[4]
|
NotasEditar
- ↑ "Teatro en el exilio por el XX aniversario". La Opinión Coruña. 14/11/2017.
- ↑ "A Coruña reivindica a memoria das mulleres". Nós Diario. 6/01/2020.
- ↑ "A primeira edición do premio Marcelino Liste distingue a AC Alexandre Bóveda". Sermos Galiza. 8/12/2017. Arquivado dende o orixinal o 22/10/2018. Consultado o 22/10/2018.
- ↑ "Xa estreamos casa". AC Alexandre Bóveda. 2023-01-29. Consultado o 2023-02-01.