Día da Galiza Mártir

celebración política
(Redirección desde «Día da Galiza mártir»)

O Día da Galiza Mártir celébrase anualmente o 17 de agosto. A data escolleuse como homenaxe para o político galeguista Alexandre Bóveda, asasinado o 17 de agosto de 1936 na Caeira (Poio) e convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais.[1]

Monumento preto d lugar onde foi executado Alexandre Bóveda

Historia editar

A celebración do Día da Galiza Mártir partiu da Irmandade Galega da Arxentina, presidida por Castelao,[2] en agosto de 1942.[3] Escolleuse a Alexandre Bóveda para representar todas as persoas represaliadas e as que sufriron a represión franquista.[2]

Celebración editar

Os actos centrais do día teñen lugar na Caeira, fronte ao monumento ergueito no lugar en que Bóveda foi fusilado.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar