Bloque Nacional Popular Galego
O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización e coalición electoral constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Opúxose ao proceso autonómico e tiña como obxectivos a obtención da soberanía para Galiza.[1]
Bloque Nacional Popular Galego (BN-PG) | |
---|---|
Coalición electoral en Galiza | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Lois Diéguez Bautista Álvarez |
Historia | |
Fundación | 1977 |
Disolución | 1982 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego Soberanismo Nacionalismo de esquerda |

Historia Editar
Presentouse como agrupación de electores ás eleccións xerais de 1977 defendendo como programa as Bases constitucionais para a participación da nación galega nun pacto federal e de goberno provisorio galego redactadas en 1976 polo Consello de Forzas Políticas Galegas como alternativa nacionalista ao proceso autonómico. O BNPG obtivo 23.167 votos, un 2% do total, non conseguindo representación Congreso. Nas eleccións xerais de 1979 acadou os 63.747 votos, un 5.87% do total. Nas eleccións municipais de 1979 o BNPG presentou candidaturas en 164 concellos, obtendo 70.355 votos (7.18%) o que lle supuxo 258 concelleiros e 9 alcaldes. No referendo do Estatuto de 1980 solicitou o voto en contra. Nas eleccións autonómicas de 1981 formou unha coalición co Partido Socialista Galego, conseguindo, baixo as siglas BNPG-PSG, 61.870 votos (6,27%) e tres deputados no parlamento galego. Dous deles polo BNPG, Bautista Álvarez Domínguez e Lois Diéguez Vázquez, e un terceiro polo PSG, Claudio López Garrido. Porén, estes serán expulsados ao se negar a xurar a Constitución Española e o Estatuto de autonomía. Os conflitos internos, unidos aos malos resultados nas eleccións xerais de 1982, 38.615 votos (2.98%), provocaron a realización dunha asemblea en setembro dese ano que transformou o BNPG no Bloque Nacionalista Galego (BNG).
Galería de imaxes Editar
|
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bloque Nacional Popular Galego |
Bibliografía Editar
- Justo Beramendi e Xosé Manoel Núñez Seixas (1996). O nacionalismo galego. A Nosa Terra.
- Manuel Anxo Fernández Baz (2003). A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984). Edicións Laiovento.