Sidegasa

empresa siderúrxica galega

Coordenadas: 43°9′12.17″N 8°1′18.01″O / 43.1533806, -8.0216694

Sidegasa (Siderurgia de Galicia, S.A.) foi unha empresa siderúrxica galega con sede en Teixeiro (Curtis).

Sidegasa

Vista aérea de Sidegasa en outubro de 1985
Fundación1979 (pechada en 1988)
LocalizaciónTeixeiro
Persoas claveMiguel Salís Balzola (nomeado presidente en 1975)
IndustriaMetal
Número de empregados500
editar datos en Wikidata ]

Adicada á recuperación de chatarra principalmente de importación por mar, vía porto da Coruña. Mediante forno eléctrico para a produción de aceiro en bruto e produtos laminados. A empresa foi fundada en 1979 como un proxecto de industrialización para o rural galego. Pechou en agosto de 1988.

Historia editar

A fundición foi construída por Emesa nunha superficie de 400 mil metros cadrados nunha parcela de 2,5 millóns de metros cadrados. Os terreos que agora ocupa o Polígono industrial Curtis-Teixeiro.[1] En 1978 foi construída unha liña eléctrica dende a subestación das Travesas no Mesón do Vento ata Teixeiro para Sidegasa[2] A subestación eléctrica do polígono de Curtis-Teixerio chámase dende entón Sidegasa.

En 1981 Sidegasa suspendeu pagamentos, e entrada na CE supuxo a reconversión da empresa que non podía recibir subvencións.[3] Despois de sete meses de folga e protestas o 17 de agosto de 1987 os traballadores entran no aeroporto de Alvedro impedindo que engalase o avión de Alfonso Guerra (entón vicepresidente do goberno).[4] En agosto de 1988 as instalacións foron vendidas á siderúrxica catalá Celsa que a despezaría para vender a maquinaria. Durante dous anos saíu polo porto da Coruña a maquinaria. O tren de laminación foi para Torras en Cataluña. A maquinaria de fundición foi mercada por Lion Group e mandouse para Johor Bahru, Malaisia.[5]

Notas editar