Abrir o menú principal

Polígono industrial Curtis-Teixeiro

Coordenadas: 43°09′23″N 8°01′04″O / 43.1562954, -8.0177653

Polígono industrial Curtis-Teixeiro é unha actuación industrial creada pola SEPES no concello de Curtis en 2005, nos terreos que ocupara Sidegasa.

Índice

DescriciónEditar

 
Bioetanol Galicia.

O polígono orixinouse como solución e saída aos terreos que ocupara a pechada Sidegasa. Está situado ao carón de Teixeiro e encaixado entre as vías do tren Palencia-A Coruña e a N-634. Ten unha superficie superior a 1,8 millóns de metros cadrados en 100 parcelas.[1] Neste polígono ten a súa sede Bioetanol Galicia e XPO Logistics.

Está en proxecto e execución a instalación de Greenalia dunha planta de biomasa de 50 megavatios nunha parcela de 100.000 metros cadrados e de Goodleit que ocupará 85.000 metros cadrados.[2]

AccesosEditar

O polígono ten terminal de ferrocarril propia. Amais está a 5 km da A-6 e N-VI Madrid-A Coruña, e a fachada dá á N-634 Donostia-Santiago de Compostela.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar