Abrir o menú principal

Fisteus, Curtis

parroquia civil do concello de Curtis

Coordenadas: 43°05′46″N 8°06′06″O / 43.0962, -8.101725

Fisteus
Cruce de caminos hacia Fisteus.jpg
Cruzamento de camiños cara a Fisteus
Curtis parroquia de Fisteus A Coruña Galiza.jpg
ConcelloCurtis
Área45,0 km²
Poboación525 hab. (2018)
Densidade11,67 hab./km²
Entidades de poboación52

Santa María de Fisteus é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 525 habitantes (273 homes e 252 mulleres) distribuídos en 51 entidades de poboación en 45[1] km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 740 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.[2]

XeografíaEditar

Pola parroquia discorre o río Mendo con pequenos afluentes que, no século XVIII, movían uns vinte e catro muíños fariñeiros. Hoxe a maior parte destes muíños desapareceron ou están en estado de abandono.

HistoriaEditar

A parroquia chegou a ter dous coutos para a administración de xustiza: o de Fisteus e o das Merelas. O couto de Fisteus foi de Señorío de Bernardino Freire Moscoso; e o couto das Merelas era de Señorío do Mosteiro de Sobrado.

Coa aprobación da Constitución de Cádiz, o Antigo Réxime foi abolido durante o período entre 1812 e 1814, momento no cal Fisteus constituíu concello de seu ao se conformaren os primeiros concellos constitucionais. Este concello de Fisteus volveu estar vixente no trienio liberal, de 1820 a 1823, cando os concellos foron restabelecidos. Igual ca Curtis, que tamén conformou concello propio, estaba adscrito ao partido xudicial de Melide.[4]

Coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, a parroquia eclesiástica de Fisteus perdeu os lugares de Campos e A Lagoa, que pasaron a formar parte da parroquia de Rodeiro (Oza-Cesuras).[5]

O 10 de outubro de 1928 constituíuse a nova parroquia de Santa María de Lurdes, segregándose os seus lugares de Fisteus. Eclesiasticamente obtivo a total independencia após un decreto do arcebispado de Santiago de Compostela do 1 de febreiro de 1929.[6]

En 1942 houbo novas mudanzas eclesiásticas, sendo incorporados á parroquia de Curtis os lugares de Campos, Cencasas, Couceiros, A Lagoa e Porto, igual có lugar de Penas do Porto da parroquia de Vilarraso (Aranga).[7]

DemografíaEditar

No Censo de Pecheros de 1528, a parroquia ten 97 pecheros ―os que teñen que pagar un tributo― mentres no censo de 1591 aparece con 68 veciños, dos cales 62 son pecheros.[8] No Censo do Sal de 1631 ten 158 vasalos.[9]

Século XVIIIEditar

1752[10] 1768[11] 1787[12]
Veciños Habitantes
193 875 937

Século XIXEditar

1826[13] 1836[14] 1845[3] 1857[15] 1860[16] 1887[17] 1900[18]
Veciños 239 159 131 258 259
Habitantes 1120 765 692 1310 1420 1562 1800

     Dicionarios xeográficos     Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC)     Censos (poboación de feito)

Século XXEditar

1910[18] 1920[18] 1930[18] 1940[18] 1950[18] 1960[18] 1970[18] 1981[18] 1986[19] 1991[18] 1999[20] 2000[21]
Habitantes 2113 2146 1807[a] 2083 1954 2088 1756 983 835 772 740 725

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXIEditar

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
707 703 696 687 657 646 633 625 599 574
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
574 559 546 533 534 535 525
Fonte: IGE (padrón municipal)[22]
Gráfica de evolución demográfica de Fisteus entre 1887 e 2017
 
     Poboación de feito segundo os censos de poboación; aínda cos lugares da futura Santa María de Lurdes.     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

PatrimonioEditar

 
Igrexa de Fisteus.
 
Estela funeraria (S. I-V).
Inscrición: "D[iis] M[amibus] S[acrum] / Iulio Seve / riano. Anno[rum] / XLVII memo / riam posuit / coniugi karissimo Pl / acidia Lupa / defuncto in valle Minei" (Consagración aos deuses romanos. Placidia Loba puxo este recordo en honor do seu queridísimo esposo, Xulio Severiano, morto aos 47 anos de idade no val do Miño).
San Vicente de Fisteus (Curtis, A Coruña), exposto no Museo da Catedral de Santiago de Compostela

A igrexa de Santa María de Fisteus é do século XIII e a igrexa de San Roque de Xabriño foi construída no século XVIII, xunto coa súa fonte de tres canos.

A casa brasonada de Balter co seu escudo en bo estado de conservación, e o antigo cárcere construído en 1791.

Patrimonio arqueolóxicoEditar

EtnografíaEditar

Fisteus na cultura popularEditar

  • Os de Curtis mataron un burro, / os de Teixeiro comérono crudo / e os de Fisteus mandaron recado / que lles gardaran a punta do rabo.[23]

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

  1. En 1928 constituíuse a parroquia de Lurdes segregándose de Fisteus.
Referencias
  1. Páxina oficial do concello de Curtis, datos das parroquias
  2. "Arciprestado de Sobrado". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Consultado o 3.12.2018. 
  3. 3,0 3,1 Madoz, Pascual (1847). Fisteus ó Fiteos (Sta. Maria de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VIII (Madrid). p. 104. 
  4. "Curtis". Enciclopedia Galega Universal 7. Ir Indo. 2002. p. 25. 
  5. "A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela". A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. p. 143. ISBN 978-84-453-4777-5. 
  6. "Santa María de Lourdes". Concello de Curtis. 
  7. Vázquez Rouco, Sergio (2002). Santa Eulalia de Curtis: Cuna de San Pedro de Mezonzo. Coto - Monasterio - Parroquia (en castelán). Teixeiro. p. 192. 
  8. Censo de Pecheros. Carlos I 1528 (PDF) (en castelán) I. Madrid: INE. 2008. pp. 238 e 256. 
  9. Censo de la Sal de 1631 (PDF) (en castelán) I. Madrid: INE. 2015. p. 298. 
  10. Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 142. ISBN 978-84-260-2716-0. 
  11. Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 181. ISBN 978-84-260-3760-2. 
  12. Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. p. 3767. ISBN 978-84-260-1970-7. 
  13. Miñano, Sebastián (1826). Fisteos (Santa Maria de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) IV (Madrid). p. 153. 
  14. Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 142. ISBN 978-84-87819-06-3. 
  15. Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 247. 
  16. Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 20–21. 
  17. "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. p. 58-59. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 18,6 18,7 18,8 18,9 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 61. ISBN 978-84-605-3156-2. 
  19. Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 33. ISBN 978-84-7191-529-0. 
  20. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE). 
  21. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE). 
  22. Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001" (XLS) ; "2002" (XLS) ; "2003" (XLS) ; "2004" (XLS) ; "2005" (XLS) ; "2006" (XLS) ; "2007" (XLS) ; "2008" (XLS) ; "2009" (XLS) ; "2010" (XLS) ; "2011" (XLS) ; "2012" (XLS) ; "2013" (XLS) ; "2014" (XLS) ; "2015" (XLS) ; "2016" (XLS)  e "2017" (XLS) . Instituto Galego de Estatística (IGE).
  23. "Lugar de referencia: Curtis". Portal de ditados tópicos galegos. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar