Vilarraso, Aranga

parroquia civil do concello de Aranga

San Lourenzo de Vilarraso é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 421 habitantes (219 homes e 202 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 525 habitantes.

Vilarraso
Igrexa de San Lourenzo de Vilarraso.
ConcelloAranga[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°10′52″N 8°01′44″O / 43.1811, -8.0288Coordenadas: 43°10′52″N 8°01′44″O / 43.1811, -8.0288
Área20,8 km²
Poboación421 hab. (2018)
Densidade20,24 hab./km²
Entidades de poboación118[1]
editar datos en Wikidata ]

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Sobrado, sendo a única parroquia do concello neste arciprestado.[2]

Xeografía editar

A parroquia de Vilarraso ten unha superficie de 20,8 km²[3] e 11 núcleos de poboación.[4]

Situación editar

Está situada no sur do concello de Aranga e no extremo norte do arciprestado de Sobrado.

Limita ó norte coa parroquia de Muniferral; ó oeste coas de Fervenzas e Rodeiro (do concello de Oza-Cesuras); ó leste coa de Aranga; e ó sur coas de Fisteus, Curtis e Foxado do concello de Curtis.

Noroeste: Fervenzas Norte: Muniferral Nordeste: Aranga
Oeste: Fervenzas e Rodeiro   Leste: Aranga
Suroeste: Fisteus Sur: Curtis Sueste: Foxado

Está comunicada pola N-VI e pola AC-231, que inicia o seu percorrido na propia N-VI no lugar da Castellana en dirección Teixeiro (Curtis) e Sobrado. A A-9 atravesa a parroquia, existindo un acceso moi próximo na contigua parroquia de Muniferral.

No extremo sueste pasa un pequeno tramo de vía férrea da liña A Coruña-Palencia onde está situado o apeadoiro de Aranga, actualmente sen funcionamento, nos lugares do Apeadeiro de Orosa e do Apeadeiro (este último na parroquia de Aranga).[5]

Historia editar

A parroquia naceu coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta. Eclesiasticamente foi formada por 19 lugares procedentes de 4 parroquias, 3 arciprestados e 2 concellos:[6]

Lugares Parroquia Arciprestado Concello
A Carballeira, Os Carneiros, A Casanova, A Castellana, Castrobó, Os Ferreiros, Santiso (de baixo[7]), Solmé, Vilarraso e Vilourís Muniferral Xanrozo Aranga
Carballo Torto, A Graña, Orosa e Santiso Aranga Pruzos
A Espiñeira, A Gulpilleira, As Paredes e Vilardois Curtis Sobrado Curtis
Samel Foxado

Porén, a parroquia civil unicamente se formou cos lugares pertencentes ó concello de Aranga.[4] De feito, no censo de 1887, Vilarraso aparecía composta só cos lugares procedentes da parroquia de Muniferral e aínda non incluía os de Aranga.[7]

En 1942 houbo novas mudanzas eclesiásticas, perdendo a freguesía o lugar de Penas do Porto, o cal foi incorporado á parroquia de Curtis, igual cós lugares de Campos, Cencasas, Couceiros, A Lagoa e Porto da parroquia de Fisteus (Curtis).[8]

Demografía editar

Século XIX-XX editar

1887[7] 1900[9] 1910[9] 1920[9] 1930[9] 1940[9] 1950[9] 1960[9] 1970[9] 1981[9] 1986[10] 1991[9] 1999[11] 2000[12]
Habitantes 421[a] 812 794 791 865 902 843 797 688 593 602 552 525 520

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI editar

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
528 526 512 504 492 481 474 467 455 453
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
442 440 442 435 424 418 428
Fonte: IGE (padrón municipal)[13]
Gráfica de evolución demográfica de Vilarraso entre 1887 e 2017
     Poboación de feito segundo o censo de poboación; non incluíndo Orosa, Carballo Torto e Santiso que seguen en Aranga.     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Cultura editar

Topónimo editar

O topónimo Vilarraso é un topónimo latino que fai referencia á orografía, que é a dun lugar ou vila situado nun terreo chan ou raso.[14][15][16]

Patrimonio editar

Patrimonio arqueolóxico editar

Na parroquia atópanse xacementos de varias épocas. Están identificados os seguintes:[17]

Nome Lugar Tipo Idade
A Carbona/A Mámoa Orosa Túmulo megalítico Neolítico
Castrobó[18] Castrobó Asentamento fortificado Idade de Ferro
Os Castros/A Chousa Vella Vilourís Asentamento fortificado Idade de Ferro
A Mámoa/A Medoña Os Ferreiros Túmulo megalítico Neolítico
A Mámoa Penas do Porto Túmulo megalítico Neolítico
Mámoa da Formiga Os Ferreiros Túmulo megalítico Neolítico
Mámoas das Penas I (15) Penas do Porto Túmulo megalítico Neolítico
Mámoas das Penas II (3) Penas do Porto Túmulo megalítico Neolítico
Mámoas do Petón (11) A Carballeira Túmulo megalítico Neolítico
As Medoñas (5) Os Carneiros Túmulo megalítico Neolítico
Medoñas de Laboreiro Queimado (5) Montes de Orosa Túmulo megalítico Neolítico
Petróglifo das Penas Penas do Porto Petróglifo Indeterminado

Etnografía editar

Vilarraso na cultura popular editar

  • Da Castellana viña unha nena / e estaba cansadiña de andar; / gustoume e pedinlle un bico / pero ela non che mo quixo dar.[19]
  • Dis que viches, que viches, / para min non viches nada; / non viches pasar o tren / de Teixeiro para Aranga.[19]
  • Monte Salgueiro no alto, / A Castellana tamén; / chegando ao monte de Orosa / xa se ve pasar o tren.[19]
  • No Monte Salgueiro hai boas mozas, / na Castellana a flor delas, / e ao pasar o monte de Orosa / caravillas prás cancelas.[19]

Festas e celebracións editar

  • Feira, os días 3 de cada mes na Castellana.[20]
  • Festas patronais de Orosa, na honra de San Xusto, o 31 de maio.[20]
  • Festas patronais, na honra de San Lourenzo, o 10 de agosto.[20]

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Vilarraso editar

Lugares da parroquia de Vilarraso no concello coruñés de Aranga

O Apeadeiro de Orosa | A Carballeira | Carballo Torto | Os Carneiros | A Castellana | Castrobó | Os Ferreiros | Orosa | Penas do Porto | Santiso | Vilarraso | Vilourís

Parroquias de Aranga editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Aranga

Aranga (San Paio) | Cambás (San Pedro) | Feás (San Pedro) | Muniferral (San Cristovo) | San Vicente de Fervenzas (San Vicente) | Vilarraso (San Lourenzo)


Notas editar

  1. Neste censo aínda non se contabilizan os lugares de Orosa (220 habitantes), Carballo Torto (136 habitantes) e Santiso (38 habitantes) que seguen a aparecer na parroquia de Aranga.[7]
Referencias
  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "Arciprestado de Sobrado". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Consultado o 3.12.2018. 
  3. Monteoliva Díaz 2013 (mapa).
  4. 4,0 4,1 "Nomenclátor de Galicia: Vilarraso (San Lourenzo)". Xunta de Galicia. Consultado o 4.12.2018. 
  5. Monteoliva Díaz 2013, p. 142.
  6. "A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela". A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. pp. 127–128, 142. ISBN 978-84-453-4777-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 04 de decembro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. pp. 11–12. 
  8. Vázquez Rouco, Sergio (2002). Santa Eulalia de Curtis: Cuna de San Pedro de Mezonzo. Coto - Monasterio - Parroquia (en castelán). Teixeiro. p. 192. 
  9. 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 31. ISBN 978-84-605-3156-2. 
  10. Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 25. ISBN 978-84-7191-529-0. 
  11. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  12. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  13. Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2003" (XLS) ; "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2006" (XLS) ; "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018  e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 . Instituto Galego de Estatística (IGE).
  14. Monteoliva Díaz 2013, p. 40.
  15. Piel, J.M (1947). Nomes de lugar referentes ao relevo e ao aspecto geral do solo. Revista portuguesa de filologia. Vol. I, tomo I (Coimbra). pp. 153–197. 
  16. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  17. Catálogo de patrimonio (PDF) (Informe). Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Aranga. 2013. 
  18. "Información Xeográfica de Galicia". Xunta de Galicia. Mapa Base vectorial. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. pp. 62, 103, 105. ISBN 978-84-9812-210-7. 
  20. 20,0 20,1 20,2 "Festas, romarías e mercados". Concello de Aranga. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar