Feás, Aranga
San Pedro de Feás é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 103 habitantes (57 homes e 46 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.
Feás | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Feás. | |
Concello | Aranga[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°14′46″N 8°05′06″O / 43.24602157, -8.08509081 |
Área | 6,85 km² |
Poboación | 103 hab. (2018) |
Densidade | 15,04 hab./km² |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.[2]
Xeografía
editarA parroquia de Feás ten unha superficie de 6,85 km²[4] e 13 núcleos de poboación.[5]
Situación
editarEstá situada no noroeste do concello de Aranga e no leste do arciprestado de Xanrozo.
Limita ó norte coas parroquias de Coruxou, Churío e Verís (nun pequeno tramo)[4][6] do concello de Irixoa; ó leste e sur coa de Muniferral e ó oeste coa de Santa María de Ois do concello de Coirós. No sur tamén toca nun punto a parroquia de Fervenzas.
Noroeste: Coruxou (Irixoa) | Norte: Churío (Irixoa) | Nordeste: Verís (Irixoa) |
Oeste: Santa María de Ois (Coirós) | Leste: Muniferral | |
Suroeste: Santa María de Ois (Coirós) | Sur: Fervenzas e Muniferral | Sueste: Muniferral |
Orografía e hidrografía
editarA parroquia limita polo norte co río Mandeo, pero consta ademais co regato da Fonte e o de Mollapán (ambos afluentes do primeiro).
Como é típico desta zona de Galicia, o eucalipto e o piñeiro son maioritarios, aínda que tamén haxa grande presenza doutras árbores.
A parroquia consta dunha grande zona principal de pouca pendente é dicir, bastante chá, entre os lugares de Flores (limitando con Coirós) e A Caropa (Iimitando con Muniferral, Aranga)
Demografía
editarSéculo XVIII
editar1752[7] | 1768[8] | 1787[9] |
---|---|---|
Veciños | Habitantes | |
49 | 238 | 305 |
Século XIX
editar1816/17[10] | 1826[11] | 1836[12] | 1845[3] | 1857[13] | 1860[14] | 1887[15] | 1900[16] | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Veciños | 56 | 80 | 45 | 65 | 62 | 60 | – | – |
Habitantes | – | 344 | 180 | 360 | 353 | 353 | 360 | 356 |
Expediente de alistamento militar do arquivo de Betanzos Dicionarios xeográficos Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC) Censos (poboación de feito)
Século XX
editar1910[16] | 1920[16] | 1930[16] | 1940[16] | 1950[16] | 1960[16] | 1970[16] | 1981[16] | 1986[17] | 1991[16] | 1999[18] | 2000[19] | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Habitantes | 359 | 363 | 337 | 311 | 298 | 278 | 169 | 120 | 124 | 117 | 124 | 129 |
Censos (poboación de feito) Padrón municipal
Século XXI
editar2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
134 | 133 | 128 | 128 | 129 | 129 | 129 | 128 | 125 | 121 |
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
120 | 114 | 114 | 113 | 113 | 114 | 106 | |||
Fonte: IGE (padrón municipal)[20] |
Gráfica de evolución demográfica de Feás entre 1887 e 2017 |
Poboación de feito segundo os censos de poboación. Poboación segundo o padrón municipal. |
Cultura
editarTopónimo
editarFeás é un posible antropónimo prerromano que está ligado aos corzos. A súa orixe sería anterior ao século III.[21][22]
Patrimonio
editarNesta parroquia, a carón da N-VI, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.
Etnografía
editarFestas e celebracións
editarMoitas delas suceden ao longo do mes de agosto, aínda que tamén se celebran días concretos coma o Samaín, ou a Semana Santa. O patrón da parroquia é San Pedro aínda que tamén se celebra o Rosario e, antigamente, o San Roque.
Asociacións
editarA SCRD O Cruceiro de Feás é unha sociedade cultural, recreativa e deportiva que elabora numerosas celebracións e festividades para as persoas asociadas (na maioría da propia parroquia).
Feás na tradición oral
editarEn 1976 o filólogo Xosé Luís Couceiro Pérez publicou a súa tese de licenciatura, un estudo dialectolóxico titulado El habla de Feás[23]
Algúns refráns que o citan son:
Lugares e parroquias
editarLugares de Feás
editarLugares da parroquia de Feás no concello coruñés de Aranga | |
---|---|
A Anta | A Aturela | A Caropa | Cazuín | O Couto | Flores | A Fonte | O Fontelo | Framonce | A Lagoa | Ribadevila | A Torre | O Torreiro |
Parroquias de Aranga
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Arciprestado de Xanrozo". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2018. Consultado o 8.12.2018.
- ↑ 3,0 3,1 Madoz, Pascual (1847). Feas (San Pedro de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VIII (Madrid). p. 26.
- ↑ 4,0 4,1 Monteoliva Díaz 2013 (mapa).
- ↑ "Nomenclátor de Galicia: Feás (San Pedro)". Xunta de Galicia. Consultado o 8.12.2018.
- ↑ Vega Rodríguez, Antonio de (2012). Irixoa: Entidades poboacionais (Mapa). 1:45.000. Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- ↑ Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 141. ISBN 978-84-260-2716-0.
- ↑ Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 174. ISBN 978-84-260-3760-2.
- ↑ Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. p. 3855. ISBN 978-84-260-1970-7.
- ↑ Erias Martínez, Alfredo; González Fernández, Juan Miguel (1989). "O marco xurisdiccional na antiga provincia de Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino. 12. Betanzos. p. 40. ISBN 84-505-9464-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2018.
- ↑ Miñano, Sebastián (1826). Feas (San Pedro de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) IV (Madrid). p. 130.
- ↑ Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 145. ISBN 978-84-87819-06-3.
- ↑ Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 250.
- ↑ Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 20–21. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018.
- ↑ "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. p. 11-12.
- ↑ 16,00 16,01 16,02 16,03 16,04 16,05 16,06 16,07 16,08 16,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 31. ISBN 978-84-605-3156-2.
- ↑ Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 24. ISBN 978-84-7191-529-0.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2003", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2006" (XLS); "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018. Instituto Galego de Estatística (IGE).
- ↑ Meméndez de Luarca y Navia Osorio, J. R. (2000). La construcción del territorio. Mapa histórico del Noroeste de la Península Ibérica. Madrid.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
- ↑ Couceiro, J. L. (1976): El habla de Feás. Universidade de Santiago de Compostela: Anexo 5 de Verba. Anuario galego de filoloxía. ISBN 9788460068625.
- ↑ 24,0 24,1 "Lugar de referencia: Aranga". Portal de ditados tópicos galegos.
- ↑ Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 104. ISBN 978-84-9812-210-7.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Monteoliva Díaz, Ángel L. (2013). Aranga: Poboación (Mapa). 1:25.000. Plan Xeral de Ordenación Municipal.