Sergio Vázquez Rouco

sacerdote e historiador galego

Sergio Vázquez Rouco, nado o 15 de setembro de 1933 na parroquia de Salaia (Palas de Rei)[1] e finado o 3 de abril de 2006,[2] foi un sacerdote e historiador galego.

Sergio Vázquez Rouco
Nacemento15 de setembro de 1933
Lugar de nacementoSalaia
Falecemento3 de abril de 2006
SoterradoSalaia
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Pontificia de Salamanca e Universidade Pontificia Comillas
Ocupaciónsacerdote católico e historiador
Na rede
Dialnet: 636564
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi ordenado presbítero en 1962 e licenciouse en teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1966. Foi coadxutor da parroquia de San Xoán de Poio entre 1967 e 1970 e párroco até 1982.[1]

Após se trasladar a Madrid, entre os anos 1983 e 1987, doutorouse e realizou a carreira de Antropoloxía relixiosa e Ética na Universidade Pontificia Comillas e no Instituto Superior de Ciencias Morais. De 1987 a 1990 foi director da igrexa de Buena Dicha.[1]

De volta a Galiza, entre 1990 e 1995, foi profesor de relixión no instituto Eduardo Pondal de Compostela á parte de vigairo das parroquias de San Mamede do Monte, Covas e San Cibrán de Barcala.[1]

Desde o 1 de xaneiro de 1996 foi párroco de Curtis. Como tal, realizou numerosas obras de acondicionamento e mellora das instalacións, quer nas igrexas de Santaia e Teixeiro, quer na súa contorna. Restaurou a casa reitoral de Teixeiro, participou na reconstrución da antiga fonte da Nosa Señora de Teixeiro e impulsou a figura de San Pedro de Mezonzo.[1][3][4]

Finou o 3 de abril de 2006, con 72 anos.[2] Foi enterrado na súa parroquia natal o 6 de abril[5] e o seu funeral foi celebrado polo arcebispo Julián Barrio na igrexa de Teixeiro o 28 de abril.[2]

Obra editar

Artigos
  • "Provinciales de la Merced en Castilla: 1361-1834" (1992)[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Vázquez Rouco, Sergio (2002). Santa Eulalia de Curtis: Cuna de San Pedro de Mezonzo. Coto - Monasterio - Parroquia (en castelán). Teixeiro. pp. 289–295. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Esquelas". La Voz de Galicia (en castelán). 23.4.2006. p. 51. 
  3. Rodríguez, Pacho (5.9.2000). "Desenterrando la fuente de la edad". La Voz de Galicia (en castelán). p. 3. 
  4. Vázquez Rouco, Sergio (23.12.2003). «Hemos redescubierto el valor de San Pedro de Mezonzo». La Voz de Galicia (en castelán). Entrevista con Francisco Espiñeira. 
  5. "Esquelas". La Voz de Galicia. 6.4.2006. p. 57. 
  6. Vázquez Rouco, Sergio (1992). "Provinciales de la Merced en Castilla: 1361-1834". El Museo de Pontevedra (en castelán) (46): 359–396. ISSN 0210-7791. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar