Miguel García Cuesta

Miguel García Cuesta, nado en Macotera (Salamanca) o 6 de outubro de 1803 e finado en Santiago de Compostela o 18 de abril de 1873, foi un prelado católico español, que actuou no Concilio Vaticano I (1869 - 1870).

Miguel García Cuesta
Cardeal da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1803 en Macotera, provincia de Salamanca
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ordes
Ordenación sacerdotal1 de marzo de 1828, por Agustín Varela y Temes
Consagración episcopal16 de xullo de 1848, por Juan Antonio Rivadeneyra
Creado cardeal27 de setembro de 1961, por Pío IX
Arcebispo de Santiago de Compostela
Cardeal-Presbítero de Santa Prisca
1851 - 1873
PredecesorRafael de Vélez
SucesorMiguel Payá y Rico
Cargos anterioresBispo de Jaca (1847-1851)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org
Obituario polo traslado dos seus restos en El Diario de Santiago, 13 de xuño de 1876.

Traxectoria editar

En 1847 foi promovido como bispo de Jaca (Huesca), desde onde pasou a presidir o arcebispado de Santiago de Compostela, ministerio que ostentaría desde 1851 até a súa morte en 1873.

En 1861 foi nomeado cardeal. Varios anos despois participou no Concilio Vaticano Primeiro, convocado polo papa Pío IX. Nas sesións conciliares defendeu ardentemente a declaración dogmática da Inmaculada Concepción de María, que finalmente sería aprobada.

Realizou persoalmente a reforma parroquial de 1867 da diocese de Santiago de Compostela.[1]

Durante a Década democrática, en plenas constituíntes, García Cuesta atacou a validez do matrimonio civil e negouse a xurar a Constitución española de 1869.

Trasladou o Seminario Diocesano, desde o Colexio de San Clemente, onde o aloxara o bispo Rafael de Vélez, para o mosteiro de San Martiño Pinario, ambos os dous lugares situados en Santiago de Compostela.

Sucesión apostólica editar

Artigo principal: Sucesión apostólica.

Notas editar

  1. "A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela". A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. pp. 127–128. ISBN 978-84-453-4777-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 04 de decembro de 2018. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Rafael de Vélez
 Arcebispo de Santiago de Compostela 
1851 - 1873
Sucesor:
Miguel Payá y Rico