A Castellana, Vilarraso, Aranga
Coordenadas: 43°11′27″N 8°01′29″O / 43.190738, -8.0248
A Castellana é un lugar da parroquia de Vilarraso no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 141 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 67 eran homes e 74 eran mulleres.
A Castellana | |
---|---|
![]() A estrada N-VI ao seu paso pola Castellana. | |
Parroquia | Vilarraso |
Concello | Aranga |
Poboación | 141 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A ponte da CastellanaEditar
A ponte vella da Castellana é unha ponte do século XVI que cruza o río Mandeo, construída para o antigo Camiño Real entre A Coruña e Lugo.[1] Foi reformada no século XVIII para proporcionarlle máis luz. Ten un só van, con bóveda de medio punto, e está feita en cadeirado de granito.
A ponte foi escenario de combates durante a guerra da Independencia española e escaramuzas durante as guerras carlistas. Durante a guerra civil, os franquistas botaban ó río cadáveres de represaliados dende este lugar[2].
A Ponte Nova foi construída nos anos cincuenta e entre finais dos anos oitenta e principios dos anos noventa construíuse unha nova variante cun viaduto máis amplo, en diversas obras de reforma da estrada N-VI.
NotasEditar
- ↑ Monteoliva Díaz, Ángel L. (2013). PXOM de Aranga. Catálogo de patrimonio (PDF) (Informe). Concello de Aranga. p. 58.
- ↑ Un colectivo de Aranga impulsa la recuperación de un puente del río Mandeo La Opinión A Coruña (en castelán)
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de VilarrasoEditar
Lugares da parroquia de Vilarraso no concello coruñés de Aranga | |
---|---|
O Apeadeiro de Orosa | A Carballeira | Carballo Torto | Os Carneiros | A Castellana | Castrobó | Os Ferreiros | Orosa | Penas do Porto | Santiso | Vilarraso | Vilourís |