Miguel González Garcés

escritor galego

Miguel González Garcés, nado na Coruña o 12 de xaneiro de 1916 e finado o 12 de decembro de 1989, foi un escritor en lingua castelá e galega, xornalista e docente, pertencente á Xeración do 36, chamado pola crítica o "mineiro de luz".[1]

Infotaula de personaMiguel González Garcés

Monumento a Miguel González Garcés fronte ao Reitorado da Universidade da Coruña.
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1916 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de decembro de 1989 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFilosofía e Letras
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , bibliotecario Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAlberto González-Garcés Santiso Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Madrid coas máximas cualificacións. Posteriormente fixo oposicións ao Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, e obtivo o número un da súa promoción. Foi destinado inicialmente en Madrid e ao ano seguinte pediu o traslado á Coruña, onde pasou a dirixir a Biblioteca Pública do Estado durante os seguintes 40 anos. Simultaneamente dirixiu o Centro provincial coordinador de Bibliotecas.

Como poeta bilingüe en castelán e galego, destacan Poema ó meu mar, co que obtivo a Rosa de Ouro na Festa da Cantiga de 1969; Claridade en que a tentas me persigo, que lle valeu o Premio da Crítica de 1978; e Un nome só na néboa, presentado o día do pasamento do poeta e seleccionado para o Premio Nacional de Poesía de 1990.

Foi colaborador en diversas publicacións literarias como Atlántida, da que foi un dos impulsores, e dirixiu a revista Nordés na súa primeira etapa. A súa obra, traducida a varios idiomas, está presente nas principais antoloxías de poesía española das últimas décadas, así como nun estudo de The Oxford Companion to Spanish Literature.

Como compilador, publicou dúas pezas fundamentais para a comprensión da poesía do segundo terzo do século XX: Poesía galega contemporánea, de 1974 e Poesía gallega de post-guerra 1930-1975, de 1975; amais do libro de 1979 Antoloxía, estudio, selección e traducción dos poemas en lingua galega de Luis Pimentel.

Miguel González Garcés foi un home polifacético, grande admirador do Renacemento, que non limitou a súa actividade a un só aspecto da cultura. As súas amplas lecturas e viaxes por Europa e África permitíronlle realizar un gran número de traballos xornalísticos, publicados fundamentalmente en La Voz de Galicia sobre temas de diversa natureza, polos que lle foi concedido o Premio Fernández Latorre en 1960. Durante o seu derradeiro ano traballou nunha escolma destes artigos, que quedou inconclusa pola súa morte en 1989.

Unha das súas principais preocupacións foi a transmisión da cultura, na que destacaron a súa produción xornalística e a docencia de Arte e Literatura no Colexio Academia Galicia da Coruña, labor que foi premiado co título de colexiado distinguido do Colexio de Doutores e Licenciados do Distrito Universitario de Santiago. Tamén foi presidente durante máis de 20 anos da Asociación Cultural Iberoamericana, que organizou durante as décadas dos 60 e os 70 gran cantidade de conferencias e exposicións.

Pertencía á "Association internationale de la critique littéraire", que lle comportou un gran prestixio nas Letras francesas, polo que foi recoñecido co título de Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas, galardón francés concedido polos eminentes servizos prestados en prol da educación e o espallamento da cultura francesa fóra do país.

Grande investigador da súa cidade natal, é autor de ensaios sobre distintos aspectos da historia da Coruña, entre os que destacan os traballos sobre a Torre de Hércules, os nomes das rúas da Cidade Vella e as especies dos xardíns da cidade. Como Director do Arquivo Municipal da Coruña, publicou en 1987 un estudo histórico monumental, Historia de La Coruña, así como María Pita, símbolo de la libertad de La Coruña, en 1989, coincidindo co cuarto centenario da heroína.

Nos anos 50 foi un dos máis firmes defensores do criterio xeográfico, segundo o cal se consideraría literatura galega a feita por escritores nados dentro das fronteiras administrativas de Galiza con independencia da lingua na que se expresasen. Estas ideas levárono a diversas polémicas xornalísticas no diario compostelán La Noche, especialmente con Xosé Luís Méndez Ferrín e con Gonzalo Rodríguez Mourullo, ambos defensores do criterio lingüístico, amplamente recoñecido a día de hoxe.

En 1966, Xesús Ferro Couselo, Álvaro Cunqueiro e Joaquín Freire de Andrade propuxérono como membro numerario da Real Academia Galega. Porén, a proposta non prosperou.[2]

Premio Miguel González Garcés editar

Como homenaxe á súa figura, a Deputación da Coruña instituíu en 1991 o premio de poesía Miguel González Garcés.

Obra en galego editar

Poesía editar

Obras colectivas editar

  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Ediciós do Castro.

Obra en castelán editar

Poesía editar

  • Vibraciones, 1947.
  • Isla de dos, 1953, Palma, Madrid.[4]
  • Poema del imposible sosiego, 1954, edición do autor, A Coruña.
  • El libro y el verso, 1958, Aturuxo, A Coruña.
  • Alrededor del mar, 1961, Ágora, A Coruña.
  • El cuervo en la ventana, 1967, Vigo.

Ensaio editar

Notas editar

  1. Fernán-Vello, Miguel Anxo (9/4/2010). "Garcés, mineiro de luz". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 04/05/2019. Consultado o 04/05/2019. 
  2. "Carta de Xosé María Álvarez Blázquez a Carballo Calero e Bouza-Brey" 17/1/1967, CCG.
  3. Bailada dos anxos en Google Books.
  4. Unha edición posterior, de Ágora (Madrid), levou dez ilustracións de Urbano Lugrís González.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar