Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Coordenadas: 43°20′54″N 8°24′26″O / 43.3483065, -8.4072212

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés é unha institución bibliotecaria existente dende o ano 1995, localizada na rúa co mesmo nome no ensanche da cidade da Coruña. Leva o nome do escritor, poeta, docente e xornalista galego Miguel González Garcés. As súas instalacións divídense en tres plantas, ocupando unha superficie total de 6.216 m2, dos cales 5.869 m2 son útiles.

Fachada da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Forma parte da Rede de Bibliotecas de Galicia.[1]

Sala de consulta.

Historia editar

Os datos mais antigos remóntanse ó ano 1895. Atopábase no IES Eusebio da Guarda, despois formou parte da Casa da Cultura da Coruña, creada en outubro do 1956. Anos despois, en 1989, a Xunta de Galiza e o Ministerio de Cultura asinaron un convenio polo cal se transferiu a administración dos fondos á Xunta aínda que o Estado posúe a titularidade.

O 23 de setembro de 1994 modificouse o anterior convenio, no relacionado á localización da biblioteca e trasladouse ao edificio actual, inaugurado no ano 1995. Neste momento pasou a chamarse Biblioteca Nodal da Coruña Miguel González Garcés, na honra do docente en humanidades e poeta que foi director da institución ata os anos oitenta do século XX, despois de corenta anos de servizo ó centro.

Coleccións editar

 
Sala de préstamo.

A biblioteca alberga mais de 250.000 títulos, os mais antigos datan do século XVI, pois posúen fondos froito da Desamortización. Dáselle especial importancia ó Fondo de Depósito Legal, pois posúe as publicacións impresas na provincia da Coruña dende 1958 ata hoxe, a maiores desta gran colección, a biblioteca tamén alberga fondos persoais de personaxes relevantes na cultura galega, tales como Mariano Tudela, Isidro Conde, Francisco María da Igrexa ou o nomeado Miguel González Garcés entre outros. A sala infantil-xuvenil  conta cunha completa colección bibliográfica e multimedia axeitada para bebés e nenas e nenos de máis de tres anos ata mozas e mozos de noventa anos.

Servizos e actividades editar

 
Comicteca
 
Fonoteca e hemeroteca.
 
Sala infantil.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • [1] Ley 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.
  • [2] Club de lectura da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
  • [3] Centro Municipal de Información Xuvenil
  • [4] Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
  • Facebook
  • Twitter
  • Bloggit, blog da sala infantil e xuvenil
  1. Rede de Bibliotecas de Galicia