A Bela Otero
Agustina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como a Bela Otero ou Carolina Otero, nada na parroquia de San Miguel de Valga do concello pontevedrés de Valga o 4 de novembro de 1868 e finada en Niza o 12 de abril de 1965, foi unha célebre actriz e bailarina de orixe galega residente en Francia e un dos personaxes máis destacados da Belle Époque francesa nos círculos artísticos e na vida galante de París.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Agustina Otero 4 de novembro de 1868 Valga, España |
Morte | 10 de abril de 1965 (96 anos) Niza, Francia |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cementiri de l'Est (en) (valor descoñecido–) Russian Orthodox Cemetery in Nice (en) (1965–século XX) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Carolina Otero Caroline Otero La Belle Otero |
Residencia | Francia |
País de nacionalidade | España Francia |
Actividade | |
Ocupación | actriz , actriz de teatro , cortesá , bailarina , prostituta , vedete , cantante , guionista |
Lingua | Lingua castelá e lingua francesa |
Instrumento | Voz |
Traxectoria
editarNada en Valga, Pontevedra, os seus apelidos son os da súa nai, xa que nunca foi recoñecida polo pai. Dada a súa difícil situación, xa de pícara foi traballar de criada a Santiago de Compostela. Aos dez anos sufriu unha violación que a deixaría estéril. Aos catorce, namora do seu compañeiro de baile Paco e foxen xuntos a Lisboa, onde traballaron de bailaríns até que este a abandonou. Seguíndoo, chegou a Barcelona onde en 1888 un banqueiro moveu os fíos para facela triunfar como bailarina en Francia. Foi con el até Marsella, onde axiña o abandonou e comezou a converterse en Carolina, a Bela Otero, unha xitana de Cádiz. Perseveraría neste papel toda a súa vida, e con el chegou a ser a estrela do Folies Bergère en París e ser unha das mulleres máis desexadas de Europa.
A condición da muller no espectáculo daquela era esvaradía, e polo xeral foi considerada unha cortesá con relacións co máis granado da aristocracia europea: o rei Eduardo VII de Inglaterra, o tsar Nicolao II e Gabriele d'Annunzio.
Retirouse en 1910 e dilapidou a súa fortuna no Casino de Montecarlo para afundir paulatinamente na pobreza.
Influencia na cultura popular
editar- La Belle Otéro[3], Felix Mesguich, 1898. Gravación cinematográfica documental de finais do século XIX realizada en San Petersburgo por un empregado dos irmáns Lumière, onde a Bela Otero baila unha peza de La Valse Brillante, de Chopin.
- La Belle Otero, Richard Pottier, 1954. Filme francés onde a actriz mexicana María Félix interpreta o papel de Carolina Otero.
- A Bela Otero, Jordi Frades, 2008. Filme galego onde a actriz arxentina Natalia Verbeke interpreta o papel de Carolina Otero. Tamén participan galegos como Mabel Rivera, Belén Constenla ou Pedro Alonso e a catalá Asunción Balaguer, no papel da Carolina anciá.
- A Bella Otero, Ana Kiro, 1996. Canción en homenaxe á Bela Otero que narra a súa vida a ritmo de valse, incluída no seu LP Coa miña xente.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da Bela Otero.
-
A Bela Otero fotografada por Charles Reutlinger.
Notas
editar- ↑ «La Bella Otero. Unha icona da Belle Époque europea», artículo de Encarna Otero Cepeda en el sitio web Cultura Galega. Consultado el 3 de julio de 2013.
- ↑ Camilo Seira é o nome artístico do escultor Camilo Rodríguez Vidal, natural de Seira, Rois.
- ↑ John Hall (2013-11-08). "La Belle Otéro' (Carolina Otéro) - Caught On Film in 1898". Consultado o 2016-10-16.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Bela Otero |
Bibliografía
editar- Carbonel, Marie-Helène; Figuero, Javier (2003). Arruíname pero no me abandones. La Bella Otero y la Belle Époque. Madrid: Espasa Calpe.
- Chao, Ramón (2001). A paixón de Carolina Otero. Biografía ficticia
- Fernández, Miguel Anxo (2003). A Bela Otero, pioneira do cine. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-617-7.
- Otero, Carolina (2001). As auténticas memorias da Bela Otero. Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-685-6. (as memorias orixinais fóronlle ditadas a Madame Claude Valmont en 1926)
- Pérez Leira, Lois (2009). Mulleres da emigración (bilingüe: galego-castelán). Vigo: Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo. ISBN 978-84-936759-9-8.
- La Belle Otero. Postais. Limiar de Luís Seoane. Vigo: Xerais. 2001.
- Val, Marga do (2001). Carolina Otero. Vigo: A Nosa Terra.