Encarna Otero Cepeda
Encarna Otero Cepeda, nada en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1950, é unha historiadora e política nacionalista galega.
Encarna Otero Cepeda | |
---|---|
Nome completo | Encarna Otero Cepeda |
Nacemento | 29 de xullo de 1950 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora e política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Entre 1971 e 1976 residiu na cidade francesa de Tolosa, licenciándose en 1975 en Historia na Universidade de Tolosa-Le Mirail.
Desde o ano 1970 milita activamente no nacionalismo. Durante a súa etapa en Francia participa no movemento antifranquista e coñece directamente a realidade do exilio. Desde 1982 forma parte do Consello Nacional do BNG. Desde o ano 1999 até o 2003 foi Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira-Delegada de Rehabilitación do Casco Histórico, de relacións co Consorcio e de Muller en Santiago. Foi directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda no goberno galego.
Ten colaborado e colabora en diferentes publicacións galegas como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina, ou Festa da Palabra Silenciada, con diversos artigos sobre a muller na historia. É asemade autora de varios estudos académicos.
No ano 2010 volve as aulas do IES Eduardo Pondal de Santiago a impartir clases.