Miguel Anxo Fernández Fernández

escritor galego

Miguel Anxo Fernández Fernández, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1955, é un escritor, ensaísta e investigador cinematográfico galego.

Infotaula de personaMiguel Anxo Fernández Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalHistoria da Arte e da Música, comunicación e xornalismo
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa e ensaio
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Twitter: MiguelAnxoFdz Bitraga: 4467 AELG: 138 Dialnet: 918837 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Diplomouse como profesor de EXB en Ourense, e licenciouse en Xeografía e Historia, na rama Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia, e é doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo[1]. Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Comunicación de Pontevedra[2], da Universidade de Vigo.

É autor de numerosas obras de historia do cine galego, vicepresidente da Fundación Carlos Velo, director do Ourense Film Festival, e director do curso de extensión universitaria CeMAC (Curso de Medios Audiovisuais de Celanova), que desde 2005 promoven a Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo.[3] Foi membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega[4]

Membro do equipo coordinador da máster class AUGAL (Audiovisual Galego) en Ciencias Sociais e da Comunicación desde 2010[5]. Pertence á Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión[6], á Academia Audiovisual Galega, á Asociación de Escritores en Lingua Galega[7], ó Padroado do Museo do Pobo Galego,[8] ó PEN Clube de Galicia[9] e é vogal da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo.

Ten colaborado sobre temas da súa especialidade en revistas galegas como Tintimán, Dorna, Luzes de Galiza, Grial ou Tempos Novos, na española Fotogramas e na portuguesa Cinema. Colaborou tamén na enciclopedia Historia Universal del Cine (Planeta, 1982). Crítico de cine e televisión en Diario 16 (1998-2001). Leva tempo exercendo de crítico de cine e televisión diariamente en La Voz de Galicia, e colaborou tamén no espazo Diario Cultural da Radio Galega.

Foi director da revista Audiovisual Galego (2007-2009)[10] e de revistadoaudiovisualgalego.com (2009-2010).

Foi presentador e director dos programas Galicia no cine e Versión orixinal na TVG (1986-1987) e colaborador do programa Planeta Cine da TVG (2006-2009).

Foi asesor cinematográfico da CRTVG (1985-1987) e asesor cinematográfico da Enciclopedia Galega Universal (Ir Indo, 2001).

Comisariou a mostra única Cinegalicia (Vigo, 1989), na que se presentaron as tres primeiras longametraxes galegas de fición: Sempre Xonxa (Chano Piñeiro), Continental (Xavier Villaverde) e Urxa (Alfredo G. Pinal e Carlos A. L. Piñeiro). Tamén con Xosé Enrique Acuña a exposición O carro e o home. O cine de Antonio Román e Xaquín Lorenzo (Santiago, 2004) para a Xunta de Galicia e o Museo do Pobo Galego.[11]. E ademais a exposición Cinegalicia25 (2014-2015), no Museo Gaiás, Cidade da Cultura, Santiago[12].

Foi Presidente do Cineclube Carballiño (1978-1997)[13], Director das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia, Xociviga (1984-1996)[13], promotor e primeiro presidente da Federación de Cineclubes de Galicia (1985-1990)[14], Vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual (2002-2006)[15], Coordinador do programa Audiovisual nas Aulas (2003-2010) para o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellería de Educación, membro do comité organizador II Congreso Galego do Audiovisual (2004)[16] e membro do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores da Consellería de Educación (2008)[17].

Obras en galego editar

Ensaio e historia editar

  • 15 anos do Cineclube Carballiño. Entregas de Comunicación Cultural. Nº 7. (1984). Consellería de Educazón e Cultura/Xociviga. Santiago.
  • O Carballiño. Vellas Historias, Vellas Fotografías 1870-1970 (1992). Xociviga. O Carballiño.
  • O Carballiño. Crónica de cine 1900-1994 (1994). Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI. A Coruña.
  • Carlos Velo. Cine e exilio (1996). A Nosa Terra. Vigo.
  • Carlos Velo, mestre do documental (2001). Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI. A Coruña.
  • As imaxes de Carlos Velo (2002). A Nosa Terra/Concello de Pontevedra. Vigo.
  • A Bela Otero, pioneira do cine (2002). CGAI/Galaxia. Vigo. 120 páxs.
  • Emilio Baños Santos, unha vida entre películas (2004). Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI. A Coruña.
  • Rodado en Galicia (2005). Consorcio Audiovisual de Galicia. Santiago. (Reed. en 2008).
  • Os amigos de Chano Piñeiro (Coord.) (2007). II Premios Chano Piñeiro. Xunta de Galicia. Santiago.
  • 25 anos de Mamasunción (Coord.) (2008). III Premios Chano Piñeiro. Xunta de Galicia. Santiago.
  • Sempre Xonxa. Un guión de Chano Piñeiro (Coord.) (2009). IV Premios Chano Piñeiro. Xunta de Galicia. Santiago.
  • Carlos Velo. Fotobiografía. Centenario 1909-2009 (2010). Xunta de Galicia. Santiago.
  • Ourense, plató de cine. Longametraxes de ficción 1926-2021 (2021). Ourense Film Festival.

Ficción editar

Saga de Frank Soutelo

Obras colectivas editar

  • Libro Blanco de Cinematografía e Artes Visuais de Galicia (2004). Consello da Cultura Galega.
  • Iniciación ao audiovisual (coord.) (2004). Consorcio Audiovisual de Galicia.
  • Xéneros cinematográficos. Aproximacións e reflexións (2006). Universidade de Santiago de Compostela.
  • Diccionario do Cine en Galicia. 1896-2008 (Cood. con José Luis Cabo). Xunta de Galicia, Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI, 2008.
  • A experiencia Xociviga 1984-2008 (2008). Xunta de Galicia.
  • O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. CIEF. Fundación Caixa Galicia. Santiago, 2010.
  • O Carballiño 1869-1979: álbum fotográfico da vila do Arenteiro, 2010, Deputación de Ourense.
  • Cinegalicia25, Xunta de Galicia/Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Fundación Cidade da Cultura de Galicia, 2014.
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, Concello de Pontevedra/Galaxia, 2015.
  • O cemiterio compostelán de Boisaca e o patrimonio funerario (2018). Concello de Santiago de Compostela.
  • Vaca Films. Paixón polo cinema (coord.) (2019). Ourense Film Festival.
  • A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, Lingua e Cultura (2021). Museo do Pobo Galego.

Obras en castelán editar

Ensaio editar

  • Las imágenes de Carlos Velo. Universidad Nacional Autónoma de México (2007). UNAM. México.

Obras colectivas editar

  • Imagen, memoria y fascinación: notas sobre el documental en España (2001). Ocho y medio, Madrid.
  • Las huellas del exilio. Expresiones culturales de la España peregrina (2008). Tebar, Madrid.
  • Emitiendo en digital (2008). Consello Asesor RTVE.
  • Anuario SGAE 2014 (2015). Sociedad General de Autores.

Premios e galardóns editar

  • Finalista no Premio Galicia de Xornalismo de 1985 na modalidade de Cultura.
  • Primeiro Premio ex-aequo no Certame Historia da Galicia Cinematográfica de 1993, promovido pola Federación de Cineclubes de Galicia pola investigación Crónica de Cine. O Carballiño. 1900-1990. 1993.
  • Premio Sempre en Galiza de ensaio polo libro As imaxes de Carlos Velo promovido polo Concello de Pontevedra. 2001[22]
  • Premio Honorífico Fernando Rey na V Edición dos Premios AGAPI 2001 promovido pola Asociación Galega de Produtoras Independentes. 2001.[23]
  • Premio Chano Piñeiro de Historia da Galicia Cinematográfica polo libro A Bella Otero, pioneira do cine promovido pola Federación de Cineclubes de Galicia. 2002[24].
  • Premio Manuel García Barros en 2002 pola novela Un nicho para Marilyn promovido polo Concello da Estrada/Consellería de Educación e Ordenación Universitaria[25].
  • Premio Honorífico Fundación AISGE no IX Festival Internacional de Cine Independiente de Ourense, 2004.
  • Insignia de Ouro das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia, Xociviga. 2008 [26].

Notas editar

  1. "Doutores en galego: por coherencia, por compromiso, por convicción...". Universidade de Vigo. Consultado o 2019-02-03. 
  2. "Miguel Anxo Fernández Fernández. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación". Consultado o 2019-02-03. 
  3. "Curso de medios audiovisuais de Celanova (CeMAC)". Fundación Carlos Casares. Consultado o 2019-02-03. 
  4. "As Seccións e Comisións Técnicas". consellodacultura.gal. Consultado o 2019-02-03. 
  5. "Inscrición en Augal. Master Class do Audiovisual Galego 2015-16". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 03 de decembro de 2016. 
  6. "Académicos". www.academiatv.es. Consultado o 2019-02-03. 
  7. "Miguel Anxo Fernández Fernández". www.aelg.gal. Consultado o 2019-02-03. 
  8. "O Padroado do Museo. Museo do pobo Galego". museodopobo.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2017. Consultado o 2019-02-03. 
  9. "Miguel Anxo Fdez. Fdez.". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 03 de decembro de 2016. 
  10. "AG, a Revista do Audiovisual Galego, xa ten versión web". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-03. 
  11. "O «Xocas» máis descoñecido". web.archive.org. 2016-12-20. Archived from the original on 20/12/2016. Consultado o 2019-02-03. 
  12. "Benvidos a Cinegalicia25!". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2019-02-03. 
  13. 13,0 13,1 "Feciga". 2017-10-25. Consultado o 2019-02-03. 
  14. "Feciga". 2017-10-25. Consultado o 2019-02-03. 
  15. "O sector audiovisual galego defende a creación da 2ª canle de Televisión de Galicia". Academia Galega do Audiovisual. Consultado o 2019-02-03. 
  16. Nogueira, Xosé, O cine en Galicia. Promocións Culturais Galegas, 1997, p. 349.
  17. "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-02-03. 
  18. "A Niche for Marilyn". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-11-03. 
  19. "Greedy Flames". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 20 de maio de 2021. 
  20. "Editorial Galaxia A conxura do sete". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-11-17. 
  21. Núñez Sabarín, Xaquín (outubro, novembro, decembro, 2023). "Frank Soutelo e o enigma do sete". Grial LXI (240): 77–78. ISSN 0017-4181. 
  22. "Miguel Anxo Fernández gana el premio «Sempre en Galicia» de ensayo". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 03 de decembro de 2016. 
  23. "Miguel Anxo Fernández". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-23. 
  24. "Miguel Anxo Fernández, premio Chano Piñeiro de Historia do Cine". Arquivado dende o orixinal o 20/12/2016. Consultado o 03/12/2016. 
  25. "Un nicho para Marilyn, de Miguel Anxo Fernández « Premio de Novela Manuel García Barros". Consultado o 2019-02-03. 
  26. "Miguel Anxo Fernández foi homenaxeado polo labor desenvolvido a prol das xornadas". culturagalega.org. 2008-08-04. Consultado o 2019-02-03. 
  27. "O programa ‘Audiovisual nas aulas’ do Consorcio Audiovisual de Galicia recibe o Premio González Sinde da Academia de Cine Española - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-02-03. 
  28. "Miguel Anxo Fernández gaña o Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor". Editorial Galaxia. 2016-11-26. Consultado o 2019-02-03. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar