As palabras
As palabras[1] (en francés: Les Mots) é unha autobiografía de Jean-Paul Sartre publicada en 1963.[2]
As palabras | |
---|---|
Título orixinal | Les Mots |
Autor/a | Jean-Paul Sartre |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Colección | Biblioteca Galega de Clásicos Universais |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | George Braziller Edicións Laiovento |
Data de pub. | 1963 1999 |
Páxinas | 156 (gl) |
ISBN | ISBN 84-89896-46-1 |
Tradución | Dulce Fernández Graña e François Davo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ó galego por Dulce Fernández Graña e François Davo e publicada por Edicións Laiovento no ano 1999.[1] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Fernández Graña e Davo dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[3]
Estrutura
editarO texto divídese en dúas partes de lonxitude semellante, tituladas "Lendo" e "Escribindo". Porén, segundo o estudoso francés Philippe Lejeune, esta división só é unha cuestión de aparencia, xa que non afecta a progresión cronolóxica do texto. No canto diso, coida máis axeitado dividir o texto en cinco partes ou "actos":
- O primeiro acto presenta, de maneira cronolóxica, a "prehistoria" da nenez e a orixe familiar de Sartre.
- O segundo acto relata os diferentes papeis que Sartre se asignaba a si mesmo dentro da reclusión dun mundo imaxinario, feito posible pola súa familia.
- O terceiro acto conta o intre no que toma consciencia da súa impostura, a súa propia continxencia, medo á morte e a fealdade (ideas que se encadran no contexto da súa filosofía existencialista).
- O cuarto acto consiste no desenvolvemento dunha nova impostura, na que Sartre adopta diferentes estilos de escrita.
- No quinto acto, Sartre relata o seu propio engano, o cal considera a fonte do seu dinamismo. Nesta parte anuncia a escrita dun futuro segundo libro, que non chegaría xamais a completar.
Nun primeiro momento, Sartre pensou en Jean sans terre como título alternativo.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 As palabras. Traducido por Dulce Fernández Graña e François Davo (1ª ed.). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. 1999. ISBN 84-89896-46-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Aronson, Ronald. 1980. Jean-Paul Sartre: Philosophy in the World.". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 03 de setembro de 2019.
- ↑ As palabras. Traducido por Dulce Fernández Graña e François Davo (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-227-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Boulé, Jean-Pierre. 2005. Sartre, Self-Formation, and Masculinities.