Voyage au bout de la nuit

Voyage au bout de la nuit é a primeira novela do autor francés Louis-Ferdinand Céline, publicada en 1932.

Voyage au bout de la nuit
Autor/aLouis-Ferdinand Céline
OrixeFrancia
Lingualingua francesa
Xénero(s)autobiografía e ficção militar
EditorialÉditions Denoël
Data de pub.1932
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Está considerada unha obra cumio da literatura universal contemporánea. A aparición de Voyage au bout de la nuit foi unha innovación literaria sen igual. A linguaxe oral, groseira e moi xergal escandalizou aos contemporáneos e foi moito máis lonxe que escritores que intentaran antes que el escribir usando este rexistro, como Émile Zola. A súa prosa, como a forma de abordar os temas, e os temas en si mesmos, é extremadamente violenta, amarga e quebradiza. O seu ritmo é salvaxe e acelerado, e nel repousa gran parte do mérito literario do autor. A linguaxe é viva, libre de todo tipo de formalidades, para escribir do modo máis expresivo posible.

Argumento editar

O libro é unha narración de trazos autobiográficos. O seu protagonista, Ferdinand Bardamu, alistado nun momento de estupidez no exército francés, e aborrecido nas trincheiras da primeira guerra mundial, decide desertar facéndose pasar por tolo, describindo toda sorte de personaxes pintorescos e o absurdo e a brutalidade da guerra. Tralo conflito e tras un noivado cunha estadounidense, Lola, vai parar nun barco no que o resto dos pasaxeiros o queren linchar, rumbo a unha colonia francesa en África; a descrición do sistema colonial francés é hilarante e sumamente crítica, vindo a dicir que o colonialismo francés ampara a pederastia e que todo se funda na explotación dos negros (recordando a Corazón da escuridade, de Joseph Conrad). Unhas febres acaban con esa aventura e chega nun estado próximo á escravitude aos Estados Unidos. Escapa en Nova York, onde vive por un tempo e reencóntrase con Lola, á que extorsiona. Volve viaxar a Detroit, onde fai amizade cunha prostituta norteamericana, pero volve a París e exerce a medicina a pesar do noxo que lle dá a súa clientela.