Xerga
terminoloxía usada por un grupo social ou profesional, ás veces contrastada coa terminoloxía estándar
As xergas[1] ou argots[2] son unha linguaxe falada propia de determinados oficios tradicionais, de carácter esotérico ou críptico (só coñecida polos membros do grupo) que a utiliza para se diferenciar e afirmar como grupo así como para evitar ser comprendido polos demais.
Nestas linguas mestúranse palabras galegas propias cun significado modificado, neoloxismos e deformacións. Sempre foron transmitidas por vía oral e só na primeira metade do século XX comezaron a ser rexistradas por escrito.
Algunhas xergas
editarNa lingua galega existen varias xergas profesionais que reciben o nome de verbos, verbas ou latíns e que están en proceso de desaparición.
- Barallete: xerga dos afiadores e paraugueiros, de Nogueira de Ramuín.
- Xerga dos cesteiros: Mondariz.
- Latín dos chafoutas: xerga dos albaneis de Goián (Tomiño).
- Verbo dos arxinas: xerga dos canteiros, da Terra de Montes.
- Fala dos cabaqueiros ou verbo daordes: xerga dos telleiros do Rosal (Pontevedra).
- Fala dos bugardeiros: xerga dos cesteiros de Mondariz.
- Lafrada: fala dos albaneis de Bueu.
- Fala dos ingreiros: xerga dos músicos de Celanova.
- Barallete dos grañudos: falado polos vendedores ambulantes da Graña (Covelo).
- Garisma: latín dos cegos galegos.
- Burón: xerga dos comerciantes do Val de Fornela.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xerga.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para argot.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rodrigues Gomes, Jorge (2008). Falas Secretas. Estudo das gírias gremiais galego-portuguesas e ibéricas. Universália. Ourense: AGAL. ISBN 978-84-87305-27-6.