A Graña, Covelo
San Bernabeu da Graña é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 260 habitantes (135 mulleres e 125 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 288 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 135 habitantes, sendo 68 homes e 67 mulleres.
A Graña | |
---|---|
Igrexa da Graña | |
Concello | Covelo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°19′34″N 8°19′44″O / 42.3259962, -8.328803 |
Área | 135 km² |
Poboación | 260 hab. (2014) |
Densidade | 1,93 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xentilicio
editarO seu xentilicio é grañudo/a[2].
Topónimo
editarO topónimo, ó igual que noutros lugares co nome da Graña, posiblemente fai mención a unha antiga explotación gandeira ou agrícola rexida por un monxe labrego ou mestre.
Os vendedores ambulantes da parroquia falaban a xerga coñecida como barallete dos grañudos.
Lugares e parroquias
editarLugares da Graña
editarLugares da parroquia da Graña no concello de Covelo (Pontevedra) | |
---|---|
A Carreira | O Eido Fernández | O Eido Gonzalo | O Monxidoiro | Os Muíños | A Porteliña do Campo | Rebordechán | Salcedo | Seiscendóns | Vista Alegre |
Parroquias de Covelo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 20. Consultado o 22 de xullo de 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Os xudeus da Graña". Galiza sefarad.