Barcia de Mera, Covelo
San Martiño de Barcia de Mera é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2014 tiña 360 habitantes (169 homes e 191 mulleres), 157 menos ca en 2004 e 247 menos ca en 1999. É unha das parroquias con máis habitantes do concello.
Barcia de Mera | |
---|---|
Igrexa de Barcia de Mera | |
Concello | Covelo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°15′39″N 8°24′08″O / 42.26083333, -8.40222222 |
Poboación | 360 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Información
editarO río Alén sepáraa do concello limítrofe de Mondariz.
O lugar de San Xoán do Mosteiro debe ao seu nome a un antigo mosteiro xa desaparecido, onde probablemente estivo a primitiva igrexa ou capela parroquial até que foi trasladada ao lugar actual. Nese lugar consérvase unha capela construída pola Santa Inquisición e unha ponte medieval ben conservada. Atravesa o lugar un camiño a carón do cal está a Fonte Santa, de augas moi apreciadas que manteñen a mesma temperatura ao longo das estacións.
Destaca o conxunto abacial de San Martiño de Barcia de Mera, a igrexa e casa reitoral de estilo barroco onde esta última ten influencia de culturas precolombianas. Recentemente realizouse unha rehabilitación parcial da igrexa.[2]
Na gastronomía son salientábeis os seus viños, igual que a veciña parroquia de Casteláns, que sobresaen polo seu sabor a froita coas características propias do condado.
Barcia de Mera na cultura popular
editar- Terra por terra, Barcia de Mera; mellor por mellor, val de Miñor.
Demografía
editarAno | Homes | Mulleres | Total |
---|---|---|---|
2015 | 169 | 194 | 363 |
2016 | 161 | 185 | 346 |
2017 | 159 | 180 | 339 |
2018 | 158 | 175 | 333 |
Lugares e parroquias
editarLugares de Barcia de Mera
editarLugares da parroquia de Barcia de Mera no concello de Covelo (Pontevedra) | |
---|---|
Alén | A Carballeira | Carredás | Caxil | O Ceo | A Corcoveira | Espiñeiro | Mera | Os Oleiros | O Pazo | A Peleda | As Pereiras | Redondo | O San Amaro | Os Seixedos | O Ucedo | Vilanova |
Parroquias de Covelo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Concello de Covelo. "Barcia de Mera". Consultado o 04/09/2015.