Abrir o menú principal

Maceira, Covelo

parroquia do concello de Covelo

Coordenadas: 42°15′00″N 8°23′06″O / 42.2499747, -8.3850191

Maceira
Río Tea en Maceira, Covelo.jpg
Río Tea en Maceira.
ConcelloCovelo
Poboación414 hab. (2011)
Entidades de poboación25

San Salvador de Maceira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2011 tiña 414 habitantes (204 mulleres e 210 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 570 habitantes.

HistoriaEditar

Os primeiros poboadores de Maceira pertencen á Prehistoria, así o documentan os castros celtas (hoxe catalogados, mais moi deteriorados), petróglifos, dolmens, etc.

InformaciónEditar

A parroquia atópase a 5 quilómetros da capital do concello. A 558 metros de altitude áchase un xacemento castrexo sen levantar e diversas manifestacións de arte rupestre en forma de petróglifos. A 680 metros atópase a capela da Virxe da Guía, situada no monte da Guía de Maceira e onde se pode apreciar unha panorámica do val do Tea.

É salientábel a praia fluvial de Maceira cunha ocupación moi alta durante todo o verán. Preto áchase un cámping de montaña. Sobresae tamén o serradoiro hidráulico dos Carranos que funciona exclusivamente por forza da auga e é unha manifestación única do patrimonio etnográfico da zona. Este serradoiro está catalogado como un Ben de Interese Cultural de Galicia e atópase completamente restaurado para poder ser visitado.[1]

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

ReferenciasEditar

  1. Concello de Covelo. "Maceira". Consultado o 03-09-2015. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar