Abrir o menú principal

Santa María de Campo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 116 habitantes (69 mulleres e 47 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 83 habitantes, sendo 35 homes e 48 mulleres.

Campo
Igrexa de Campo.jpg
Igrexa de Campo
ConcelloCovelo
Poboación83 hab. (2014)
Entidades de poboación9

InformaciónEditar

O río Tea transcorre pola parroquia e esta dispón dunha gran tradición gandeira. Campo está situada na aba sur da Serra do Suído e posúe un monte cinexético. Nos puntos con cotas máis baixas áchanse bosque frondosos autóctonos.[1]

PatrimonioEditar

Conta cun foxo de lobo que presenta a particularidade de contar con dous funís de entrada, o que a tradición oral interpreta como as entradas correspondentes a cadansúa parroquia. Consta dun cercado de pedra que se vai pechando en forma de funil para rematar no propio foxo. Ten unha profundidade de dous metros e acubilla no seu interior un chouso para durmiren os pastores. Foi obxecto dunha restauración en 2013.[2]

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

  1. Concello de Covelo. "Campo". Consultado o 04/09/2015. 
  2. Foxo do lobo de Campo na páxina web colaborativa Patrimoniogalego.net.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar