Casteláns, Covelo
Santo Estevo de Casteláns é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 230 habitantes (116 homes e 114 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 288 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 176 habitantes, sendo 94 homes e 82 mulleres.
Casteláns | |
---|---|
Ruínas da igrexa monacal de Santo Estevo de Casteláns | |
Concello | Covelo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°14′18″N 8°24′10″O / 42.2382029, -8.402662 |
Poboación | 176 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Información
editarA parroquia de Casteláns atópase no límite do concello de Covelo co de Mondariz e ten unha extensión de 7,5 quilómetros cadrados. Cunha gran probabilidade Casteláns foi na antigüidade un lugar onde habitaron escribáns e persoas de leis. En varias casas grandes da parroquia consérvanse aínda escudos heráldicos que posúen un grande interese.
As súas terras son fértiles por mor dunha menor altitude e recollen un viño afrutado e saboroso. Tamén o año e o cocido son dous pratos propios do lugar.
No barrio de Lourido emítense unhas augas sulfurosas que teñen fama en todo o concello e que sandan unha morea de enfermidades.[2]
Patrimonio
editarConsérvanse restos dunha igrexa románica de finais do século XII, do que foi mosteiro de Santo Estevo de Casteláns, de monxas beneditinas. O único que resta desta construción é a súa ábsida, de cuarto de esfera sobre nervios procedentes de columnas pequerrechas. Nos vans da ábsida, áchanse pequenas xanelas de arquivolta semicircular apoiada en columnas por dentro e por fóra. Tamén posúe canzorros e os arcos interiores dalgunha fiestra son de ferradura. Estes restos poden visitarse en Mondariz-Balneario, onde foron trasladados a principios do século XX e na capela de San Roque da cidade de Pontevedra.
Galería de imaxes
editar-
Restos da igrexa de Santo Estevo de Casteláns, hoxe nos xardíns do balneario de Mondariz.
-
Arco do Mosteiro de Santo Estevo de Casteláns.
-
Ruínas da igrexa.
-
Basa nos pés da ábsida.
Lugares e parroquias
editarLugares de Casteláns
editarLugares da parroquia de Casteláns no concello de Covelo (Pontevedra) | |
---|---|
A Arroteña | As Barreiriñas | Campelo | A Cancela Grande | A Carrexa | As Casanianas | Casteláns | O Ceo | A Costa | O Coto | A Doadiña | A Fonte | Lourido | A Pena | As Pereiras | O Pío | A Sequeira | Sobreira |
Parroquias de Covelo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Concello de Covelo. "Casteláns". Consultado o 03-09-2015.