Tomiño
Coordenadas: 41°59′46″N 08°43′53″O / 41.99611, -8.73139
Tomiño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 13 548 habitantes (6813 homes e 6735 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tomiñés/tomiñesa.
Tomiño | |
---|---|
![]() | |
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | tomiñés, -esa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca do Baixo Miño |
Poboación | 13.779 hab. (2022)[2][3] |
Área | 106,6 km²[3] |
Densidade | 129,26 hab./km² |
Entidades de poboación | 15 parroquias[4] |
Capital do concello | O Seixo |
Política (2019[5]) | |
Alcaldesa | Sandra González (BNG[6]) |
Concelleiros | BNG: 11 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Tomiño | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 51,93% |
Na rede | |
tomino.gal | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo total (2021) | 13 730 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1 668 (12,15 %) |
Entre 15 e 64 anos | 9 046 (65,88 %) |
Maiores de 64 anos | 3 016 (21,97 %) |

Evolución da poboación de Tomiño Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
10 186 | 10 201 | 9 817 | 10 603 | 11 776 | 13 315 | 13 604 | 13 738 | 13 740 | 13 707 | 13 662 | 13 548 | 13 585 | 13 464 | 13 449 | 13 566 | 13 730 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
Ten unha superficie de 106,6 km², e sitúase no antigo territorio de Turonio. A súa densidade de poboación é de 124,91 hab./km².
O municipio, limitado por montañas, forma parte do val do Miño e fai fronteira con Portugal. De forma natural, encóntrase enmarcado pola serra do Argallo ó oeste, que o separa do municipio do Rosal e de Oia; ó norte, a prolongación dos montes de A Groba e do Galiñeiro, limítao dos municipios de Baiona e Gondomar; ó leste continúan os contrafortes desta serra, que vai perdendo altitude a medida que se vai acercando as terrazas fluviais do Miño, relevo que o separa do municipio de Tui; e ó sur, separado tamén polo río Miño, limita con Portugal.
O concello está conectado a través da estrada PO-552 (Tui - A Guarda) coa autoestrada do Atlántico.[8]
ClimaEditar
O concello ten temperaturas medias suaves, con precipitacións abondosas (1 500 mm anuais) e veráns secos.
Eleccións municipaisEditar
- Artigo principal: Eleccións municipais en Tomiño.
Logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o alcalde Manuel Vicente Alonso. Foi condenado a morte, mais conmutóuselle a pena por cadea perpetua.
Desde o ano 2007 a alcaldesa do concello é Sandra González Álvarez, quen substituíu no cargo a José Luis Fernández Lorenzo (1983-2007).
EconomíaEditar
É salientábel a agricultura tradicional e de novos cultivos (flor e kiwi), pesca fluvial (lamprea e meixón).
PatrimonioEditar
Centros educativosEditar
- IES Antón Alonso Ríos.
- CEIP Pintor Antonio Fernández.
- CEIP de Sobrada.
- CEP Pedro Caselles Beltrán.
- CRA Mestre Manuel Garcés.
- CEIP de Tebra.
- CEIP de Barrantes.
DeportesEditar
- Tomiño Fútbol Club (fútbol)
Tomiño na cultura popularEditar
Na parroquia de Figueiró levántase o Santuario de San Campio de Lonxe (ou San Campio do Monte), ó que van as persoas que sospeitan padecer un mal de ollo. Para expulsar o meigallo deben ir, na romaría do santo, para dar nove voltas ó redor dos dous cruceiros que hai no adro da igrexa [9].
RecoñecementosEditar
- 2015: Xuíz Honorario do Couto Mixto.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Tomiño.
ParroquiasEditar
Lugares de TomiñoEditar
Tomiño ten 134 lugares, agrupados en 15 parroquias. Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Tomiño vexa: Lugares de Tomiño.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Tomiño".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 04 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Tomiño". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Como chegar? Arquivado 24 de abril de 2013 en Wayback Machine., na web do concello.
- ↑ Antón Fraguas, 84
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tomiño |
BibliografíaEditar
- Fraguas Fraguas, Antón (1990). La Galicia insólita. Tradiciones gallegas. Col. Cuadernos do Seminario de Sargadelos nº 51. Sada: Ed. do Castro.