PO-552
A PO-552[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Vigo e Tui; atravesa os concellos de Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui. Ten unha lonxitude de 71,21 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa Avenida de Citroën en Vigo e finaliza nun cruzamento coa N-551 en Tui. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da antiga estrada comarcal C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.
PO-552 | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 71,21 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | Avenida de Citroën (Vigo) |
Fin | N-551 Tui |
Nomenclatura
editarComo a Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) mantén a denominación da súa Rede Primaria Básica Convencional, é por isto polo que non se chama GA-552. O 552 débese á continuidade da N-552.
Percorrido
editarComeza na rotonda viguesa onde conflúen a Avenida de Citroën e a circunvalación de Vigo, VG-20. Segue cara a Santo André de Comesaña, Coruxo, Oia e Saiáns, rodeando os montes do Maúxo. Continúa polas parroquias de Priegue e Nigrán, ata chegar á Ramallosa, onde se cruza coa PO-340 e a PO-325.
Cruza o río Miñor, e chega a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Continúa, pasando por Sabarís, O Burgo e a vila de Baiona ata pasar Cabo Silleiro en Baredo. Dende aí, segue polos pés da Serra da Groba.
Pasa polas parroquias oienses de Mougás, Viladesuso, Pedornes e Santa María de Oia; pola parroquia do Rosal e as parroquias guardesas de Salcidos e A Guarda, nesta última realiza un xiro para seguir o curso do río Miño. Prosegue polas parroquias de Salcidos, San Miguel de Tabagón, San Xoán de Tabagón, As Eiras, Goián, Figueiró (onde se une coa PO-344), Estás, Tomiño, Forcadela, Amorín, Currás e Sobrada. Remata na parroquia do Regueiro, onde conflúe coa estrada nacional N-551.
Nomes locais
editar- Vigo: Estrada de Camposancos
- Priegue: Avenida de Pablo Iglesias
- Nigrán: Avenida do Val Miñor e Rúa Rosalía de Castro
- San Pedro da Ramallosa: Rúa de Manuel Lemos
- Santa Cristina da Ramallosa: Avenida de Julián Valverde e Avenida de Sabarís
- O Burgo (Baíña): Estrada de Santa Marta
- Baiona: Avenida Monterreal, Rúa Alférez Barreiro, Rúa Elduayen, Avenida de Ramón y Cajal e Avenida Joselín.
- Baredo: Rúa Rocamar
- Oia: Rúa de Vista Alegre
- A Guarda: Rúa de Porto Rico e Rúa de Galicia
- Goián: Avenida do Brasil
Densidade do tráfico
editarO primeiro tramo Vigo-Baiona é o que maior densidade de tráfico ten xa que nel están as zonas residencias e industriais. En Coruxo, alcanza, aproximadamente, 15.000 vehículos/día.[3]
O segundo tramo Baiona-A Guarda é o que menor densidade presenta. E o terceiro tramo A Guarda-Tui ten unha densidade media composta por tráfico local.
Notas
editar- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Datos de tráfico da Rede de Estradas da Xunta de Galicia".