Abrir o menú principal

Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

parroquia do concello de Baiona

Santa Cristina da Ramallosa é unha parroquia do concello de Baiona. Segundo o IGE no ano 2013 tiña 3.186 habitantes. Pertence ó arciprestado de Miñor, e limita coas parroquias de Baíña e Belesar, San Pedro da Ramallosa (Nigrán) e Borreiros (Gondomar).

Santa Cristina da Ramallosa
Santa Cristina de Ramallosa.jpg
Igrexa de Santa Cristina, en Sabarís.
ConcelloBaiona
Poboación3.186 hab. (2013)
Entidades de poboación17

As súas entidades de poboación son As Areas (170), Bouzós (81), O Caeiro (141), O Cruceiro Novo (71), Devesa (47), O Xuncal (252), Ladeira (170), Morade (70), O Outeiro (223), A Ponte (98), A Ponte Nova (260), A Ramallosa (948), A Ribeira (69), Sabarís (387), A Serralleira (21), Sopegal (55) e Viso de Calvos (123).

XeografíaEditar

Pola parroquia pasa o río Miñor que desemboca na ría de Baiona, formando un esteiro habitado por garzas e outras aves mariñas. Ó final do esteiro atópase a praia Ladeira, a máis extensa e concorrida do municipio; situada nunha frecha litoral.

PatrimonioEditar

Até o século XIII recibiu o nome de Santa Cristina de Miñor. Recibe o nome actual desde a construción da ponte da Ramallosa no estuario do río Miñor, que a conecta coa veciña parroquia de San Pedro da Ramallosa.[1]. No seu monte na Serra da Groba, atópase o conxunto de petróglifos do Outeiro dos Lameiros. A igrexa, a pesar de ser de construción recente, conserva un pórtico lateral que pertenceu a unha antiga capela románica.

FeiraEditar

En Sabarís celébrase tódolos luns dende hai máis dun século unha feira.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

  1. Navazas, G.: Fitotoponimia galega, p. 265. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 2006.

Véxase taménEditar