Belesar, Baiona
San Lourenzo de Belesar é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Baíña e Santa Cristina da Ramallosa, e pertence ao arciprestado de Miñor. Segundo o IGE, no ano 2013, tiña 1185 veciños (581 homes e 604 mulleres), repartidos en 4 entidades de poboación: A Estibada (93), A Granxa (168), Medialdea (489) e Urgal (435).[2]
Belesar | |
---|---|
Igrexa de San Lourenzo. | |
Concello | Baiona[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 1185 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
Entre os seus monumentos destaca o miradoiro do Cortelliño, na serra da Groba, desde o que se ven as Rías Baixas.
O contorno desta serra está cheo de camiños empedrados e sendeiros rurais. Ademais consérvanse varios núcleos de petróglifos datados na Idade de Bronce.
Está atravesado polo río da Groba.
A festa da parroquia é o 10 de agosto, na honra de San Lourenzo.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de BelesarEditar
Lugares da parroquia de Belesar no concello de Baiona (Pontevedra) | |
---|---|
A Estibada | A Granxa | Medialdea | Urgal |
Parroquias de BaionaEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Belesar, Baiona |