Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
Santa Cristina da Ramallosa é unha parroquia do concello de Baiona. Segundo o IGE no ano 2013 tiña 3.186 habitantes. Pertence ó arciprestado de Miñor, e limita coas parroquias de Baíña e Belesar, San Pedro da Ramallosa (Nigrán) e Borreiros (Gondomar).
Santa Cristina da Ramallosa | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa Cristina, en Sabarís. | |
Concello | Baiona[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°06′50″N 8°48′53″O / 42.11382287, -8.8146904Coordenadas: 42°06′50″N 8°48′53″O / 42.11382287, -8.8146904 |
Poboación | 3.186 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
As súas entidades de poboación son As Areas (170), Bouzós (81), O Caeiro (141), O Cruceiro Novo (71), Devesa (47), O Xuncal (252), Ladeira (170), Morade (70), O Outeiro (223), A Ponte (98), A Ponte Nova (260), A Ramallosa (948), A Ribeira (69), Sabarís (387), A Serralleira (21), Sopegal (55) e Viso de Calvos (123).
XeografíaEditar
Pola parroquia pasa o río Miñor que desemboca na ría de Baiona, formando un esteiro habitado por garzas e outras aves mariñas. Ó final do esteiro atópase a praia Ladeira, a máis extensa e concorrida do municipio; situada nunha frecha litoral.
PatrimonioEditar
Até o século XIII recibiu o nome de Santa Cristina de Miñor. Recibe o nome actual desde a construción da ponte da Ramallosa no estuario do río Miñor, que a conecta coa veciña parroquia de San Pedro da Ramallosa.[2]. No seu monte na Serra da Groba, atópase o conxunto de petróglifos do Outeiro dos Lameiros. A igrexa, a pesar de ser de construción recente, conserva un pórtico lateral que pertenceu a unha antiga capela románica.
FeiraEditar
En Sabarís celébrase tódolos luns dende hai máis dun século unha feira.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Santa Cristina da Ramallosa, Baiona.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de Santa Cristina da RamallosaEditar
Lugares da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona | |
---|---|
As Areas | Bouzos | O Caeiro | O Cruceiro Novo | Devesa | Ladeira | Morade | O Outeiro | A Ponte | A Ponte Nova | A Ramallosa | A Ribeira | Sabarís | A Serralleira | Sopegal | Viso de Calvos | O Xuncal |
Parroquias de BaionaEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santa Cristina da Ramallosa, Baiona |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Santa Cristina da Ramallosa na páxina da Diocese de Tui-Vigo