Arciprestado de Miñor
O arciprestado do Miñor é un arciprestado da comarca do Val Miñor, pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue parroquias dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.
XeografíaEditar
Tomou o nome do río Miñor, que desemboca na baía de Baiona. Sen dúbida, o topónimo provén do latín, designando "río menor". Tamén, noutrora, foi denominado Mineore ou Minor. Limita cos arciprestados de Vigo-Santo André, A Louriña, Tui-Entenza e A Guarda-Tebra.[1]
ParroquiasEditar
A ponte da Ramallosa, no río Miñor.
Está formado polas parroquias de:
- Baíña
- Baiona
- Baredo
- Belesar
- Borreiros
- Camos
- Chaín
- Chandebrito
- Couso
- Donas
- Gondomar
- Mañufe
- Morgadáns
- Nigrán
- Panxón
- Parada
- Peitieiros
- Priegue
- San Pedro da Ramallosa
- Santa Cristina da Ramallosa
- Vilaza
- Vincios
Ademais dos anexos de:
NotasEditar
- ↑ Miñor, Arciprestados de Tui-Vigo Nº 1, Delegación diocesana de patrimonio (2008).